17.2 C
Pontevedra
Martes, 3 de Outubro de 2023
Máis

    Tag: premios nigrán

    Hoxe ratificaranse os galardoados cos ‘Premios Nigrán 2023’

    A corporación de Nigrán acordou por unanimidade na Xunta de Portavoces da semana pasada os galardoados cos Premios Nigrán 2023 e quedarán ratificados oficialmente no pleno ordinario de hoxe, luns 27 de febreiro.

    O Concello de Nigrán recupera este sábado a gala dos ‘X Premios Nigrán’

    O Concello de Nigrán recupera este sábado 30 de abril a súa tradicional gala dos 'X Premios Nigrán' despois de dous anos sen poder celebrarse por mor da pandemia.

    A corporación de Nigrán acorda por unanimidade os galardoados dos Premios Nigrán 2022

    A corporación de Nigrán acordou por unanimidade na Xunta de Portavoces os galardoados cos Premios Nigrán 2022, que regresarán coa súa tradicional gala o sábado 30 de abril despois de dous anos sen celebrarse por mor da pandemia.

    O Concello de Nigrán cancela a gala dos Premios Nigrán, prevista para este sábado, por precaución sanitaria

    O Concello de Nigrán cancela finalmente a gala especial dos Premios Nigrán prevista para este sábado 17 de outubro por precaución sanitaria ante as cifras de contaxios en toda Galicia e as novas medidas de seguridade que vai tomar a Xunta. O Concello fará entrega dos premios a cada unha das persoas, entidades ou empresas homenaxeadas pero, finalmente, por responsabilidade e sensatez, non celebrará este acto adicado precisamente a recoñecer a labor de todos os que loitan no municipio contra o Covid-19, especialmente os que o fixeron durante o confinamento estrito.

    Nigrán propondrá no vindeiro pleno que a IX Edición dos Premios Nigrán se adique a iniciativas solidarias contra a Covid-19

    O goberno de Nigrán proporá no vindeiro pleno ordinario do 28 de setembro que a IX Edición dos Premios Nigrán se adique a recoñecer públicamente as iniciativas solidarias contra o Covid-19 no municipio para retomar xa no 2021 o formato habitual. Deste xeito, o goberno plantexa que a gala correspondente a este ano (e que non se celebrou en maio debido ao confinamento) se realice no vindeiro mes de outubro e ao aire libre para unha maior seguridade sanitaria, trasladando ao 2021 as propostas de premiados realizadas en xaneiro por diferentes entidades.

    Os ‘Premios Nigrán’, aprazados ata outono, recoñecerán as diferentes iniciativas na loita contra o COVID-19

    O Concello de Nigrán aprazará ao outono a celebración da gala dos IX Premios Nigrán, prevista para este sábado 18 de abril, e proporá modificar o formato de xeito excepcional para recoñecer as diferentes iniciativas na loita contra o Covid-19 no municipio. O goberno local trasladará a oposición e ás diferentes entidades que con anterioridade á crise sanitaria xa realizaran propostas, a opción de que estas se pospoñan para a décima edición, xa no 2021.

    LIBROS

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.