11.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: poemas

    Ana Fernández Melón presenta en Ponteareas a súa obra ‘1977-2023’

    Ponteareas continúa este mércores co seu ciclo ‘Abril, mes do libro’ cunha nova presentación, a de Ana Fernández Melón e a súa obra ‘1977-2023’, un poemario do que resulta un rosario de vivencias e un manual para resistir e sobrevivir.

    O Concello de Ponteareas convoca a IV edición do Concurso de Poemas Ilustrados para Rosalía de Castro

    O Concello de Ponteareas convoca a IV edición do Concurso de Poemas Ilustrados para Rosalía de Castro dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria dos centros de ensino do municipio.

    Teresa Ríos presentará este sábado ás 20.00 horas o seu poemario “Iris Atalaia” na sala multiúsos do Auditorio Municipal

    A poeta e veciña de Ponteareas, Teresa Ríos, presentará este sábado ás 20.00 horas o seu poemario “Iris Atalaia” na sala multiúsos do Auditorio Municipal.

    Alfonso Pexegueiro presenta o seu novo poemario no Auditorio Municipal de Ponteareas

    O escritor de Angoares, Alfonso Pexegueiro, compartirá os versos do seu novo poemario “Rizo y Riza. Un brindis por la duda” cos veciños de Ponteareas o vindeiro sábado ás 18.30 horas no Auditorio Municipal.

    A Guarda expoñerá os poemas de Xela Arias nos comercios da vila

    A Concellería de Cultura da Guarda ideou unha programación en torno a Xela Arias centrada en divulgar os seus poemas entre os guardeses.

    Entrega de premios III edición do Concurso de poemas ilustrados de Rosalía de Castro

    O xurado do III concurso de poemas ilustrados “Día Rosalía de Castro” reuniuse o pasado mércores 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, para escoller os mellores traballos. O concurso, que pretende ser unha das actividades principais para homenaxear figura e obra da nosa escritora nacional máis importante, recolleu, nesta edición, case medio cento de traballos realizados por alumnos de 5º e 6º de primaria.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.