7.6 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: participación veciñal

    Concello do Rosal e UD Ribera falan de proxectos de presente e futuro ao abeiro do programa ‘A veciñanza conta’

    O Concello continúa construíndo O Rosal do futuro coa colaboración do tecido asociativo do municipio. Ao abeiro do programa ‘A veciñanza conta’, alcaldesa e directiva da UD Ribera mantiveron estes días un encontro no que abordaron proxectos de presente e de futuro do club, como a reforma do campo de fútbol da Mata “para convertelo nunhas instalacións plenamente inclusivas a medio prazo.

    O BNG de Redondela esixe ao Goberno local que convoque aos Consellos Parroquiais

    “Se realmente cre na participación veciñal, debe recuperar de inmediato estos órganos dos que forman parte asociacións e colectivos”, manifesta o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González.

    O Goberno de Redondela manterá, o luns, unha reunión coa veciñanza de Cabeiro

    O Centro Cultural de Cabeiro acollerá o vindeiro luns, 28 de setembro, ás 19:30 horas, unha reunión entre a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e veciños e veciñas da parroquia para dar a coñecer os proxectos do Goberno local para a parroquia e escoitar ás demandas e achegas da veciñanza.

    Salceda de Caselas xa conta un Regulamento de Participación Veciñal

    O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou a aprobación definitiva do regulamento de participación veciñal do Concello de Salceda de Caselas, que entrou polo tanto en vigor, e que será o primeiro regulamento de participación cidadá do Concello de Salceda.

    O Regulamento de Participación Veciñal de Salceda, en exposición pública

    O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a aprobación inicial do regulamento de participación veciñal do Concello de Salceda de Caselas, aprobado cos votos a favor dos grupos de goberno (MS e PSOE) e a abstención do PP, e que será o primeiro regulamento de participación cidadá do Concello de Salceda.

    O Rosal continúa coas reunións de #AVeciñanzaConta co club Acanor Atlético Novás de Balonmán

    Dentro do programa #AVeciñanzaConta, o Goberno local do Rosal celebrou onte unha unha reunión coa directiva do club Acanor Atlético Novás de balonmán, unha xuntanza na que se falou sobre o futuro e a planificación dos orzamentos do vindeiro ano. O Acanor Atl. Novás é un equipo cunha ampla traxectoria...

    O Rosal comeza a dar forma á verdadeira participación veciñal

    O Concello do Rosal vén de poñer en marcha un proxecto co que se pretende "fomentar e practicar" unha participación veciñal real e efectiva. A  iniciativa, que se desenvolverá baixo o nome de 'A veciñanza conta' busca que as veciñas e veciños sexan parte activa na xestión municipal. Segundo explica...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.