20.2 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis

    Tag: os biosbardos

    Festival solidario en Mos para o refuxo canino Os Biosbardos

    O refuxo canino Os Biosbardos de Ponteareas organiza un festival solidario contando co apoio e colaboración do Concello de Mos o próximo sábado día 30 de abril no pavillón Soledad Castro de Pena de Francia.

    A Protectora de Animais Biosbardos, abre a súa tenda Solidaria en Vigo, para poder seguir atendendo aos 556 animais que teñen ao seu cargo

    A crise creada pola extensión do coronavirus afectou a diferentes sectores. No caso das protectoras de animais e das voluntarias e voluntarios que fan que existan, a Covid-19 impediu que puidesen facer todo aquilo que lles permitía saír adiante.

    A asociación Os Biosbardos pide axuda para atopar ao dono de dous cans abandoados preto da protectora

    A protectora de animais Os Biosbardos vén de solicitar a axuda de calquera persoa que lles permita atopar ao dono ou dona de dous cans, un deles con 'osos de cristal', abandoados este mesmo luns en Ponteareas, preto das instalacións da protectora. Os representantes dos Biosbardos presentarán ante a Garda Civil a correspondente denuncia por abandono.

    O Concello de Ponteareas apoia o traballo da protectora de animais Os Biosbardos cunha achega de 5.000 euros

    Os orzamentos do Concello de Ponteareas, que entraron en vigor o pasado mes de marzo recollen unha partida de 5.000 euros destinada á protectora de animais de compaña 'Os Biosbardos'. É o segundo ano que se dá este apoio económico á protectora e a intención do Goberno, segundo explicou o Alcalde Xosé Represas, é mantela nos vindeiros anos.

    Os Biosbardos precisa axuda “para seguir axudando”

    A crise sanitaria desatada pola pandemia do coronavirus ten outros efectos secundarios que, a meirande parte das veces, pasan desapercibidos como son os animais. A protectora Os Biosbardos de Ponteareas, asociación que funciona únicamente polo traballo, esforzo, tesón e ganas de voluntarios e voluntarias, da a voz de alarma "temos pienso para aproximadamente dúas semanas e a finais de mes, haberá que pagar factura veterinarias, comeza o calor e non temos desparasitacións externas e non temos nin podemos mercar collares para previr a leishmania".

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.