Tag: obradoiro de estudos locais fernando monroy
A exposición fotográfica ‘As Mulleres da Illa’ xa se pode visitar no paseo de Cesantes
O paseo de Cesantes, coa Illa de San Simón como telón de fondo, acolle dende hoxe a exposición fotográfica 'As Mulleres da Illa', un recoñecemento público a todas mulleres que nos complexos e perigosos tempos da Guerra Civil e da posguerra, teceron unha rede solidaria capaz de levar esperanza aos presos políticos que agardaban, na illa, un futuro incerto.
Último mes para participar no certame de fotografía
O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy ten aberta a participación no seu certame de fotografía e o prazo para presentar as obras finalizará o luns 2 de novembro. Polo tanto, queda menos de un mes para que os afeccionados a esta actividade poidan presentar un máximo de cinco fotos.
O ‘Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy’ de Redondela atopa un muíño en Xote, Cesantes
A asociación Cultural 'Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy', atópase inmerso no proxecto de revisión do patrimonio de Cesantes, materia do seu libro, e a versión actualizada levará un estudo dos muíños existentes na parroquia. O traballo de campo realizado nos últimos meses deparou varias sorpresas e, entre elas, o descubrimento dun muíño sen catalogar na zona de Xote, preto da Nacional 550.