9 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis

    Tag: moda

    O Museo de Pontevedra organiza un curso para analizar a relación da moda coa arte, música e o cine no século XX

    O Museo de Pontevedra vén de escoller a moda como a temática dun dos seus novos cursos divulgativos. Durante tres meses o Edificio Castelao vai acoller a iniciativa titulada ‘Alegatos a medida.

    A firma de moda inclusiva ‘JuanMariaByLolola’ conta cunha colección marca ‘Nigrán’

    O Concello de Nigrán conta desde hoxe coa súa propia marca de moda 'Nigrán' grazas a firma 'JuanMariaByLolola', o proxecto de formación dual nado no 2019 froito da colaboración entre a deseñadora Lola Rande e o Centro de Educación Especial Juan María

    O Castelo do Sobroso, marco espectacular para un desfile de traxes nupciais

    O Castelo de Sobroso foi o espectacular marco que acolleu, este xoves, o desfile de traxes de noiva no que o estilita Óscar Novo presentou as novas apostas da deseñadora Patricia Avendaño, que forman parte da súa colección nupcial para o ano 2020. O evento contou coa presenza da presidenta da Deputación, Carmela Silva, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, entre outras autoridades.

    Nigrán colabora co comercio da Ramallosa no primeiro desfile «Camiño da Moda»

    O Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra colaboran cos establecementos comerciais da Ramallosa para ofrecer este venres ás 20:00 horas no Pazo de Pías o primeiro desfile 'Camiño da Moda' no que una decena de tendas amosará ao público as súas coleccións para a vindeira tempada outono/inverno.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.