11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: mecalia atlético guardés

    O Mecalia Guardés conseguiu o SubCampionato da Copa Raíña

    A Deputación de Pontevedra trasladou a “máis agarimosa” felicitación ao Mecalia Guardés que conseguiu en Donostia o SubCampionato da Copa da Raíña tras un vibrante partido ante o Costa do Sol de Málaga.

    A Deputación recibe ao Mecalia Atlético Guardés “tras unha temporada excepcional”

    O club Atlético Guardés, un dos maiores expoñentes do balonmán feminino da provincia e do estado, afronta unha nova temporada cheo de optimismo e ilusión, sensacións que compartiron tamén hoxe a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o deputado de Deportes, Gorka Gómez

    Luis López visita ao Atlético Guardés e cualifica ao club de “orgullo para Galicia e exemplo de superación e loita pola igualdade”

    O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitou esta tarde, no Pavillón da Sangriña, ao Balonmán Atlético Guardés e calificou a este clube feminino de “orgullo de toda Galicia e exemplo constante de superación e loita pola igualdade”. O representante autonómico mantivo un encontro coa directiva, encabezada por Jesús López, o adestrador José Ignacio Prades, e as xogadoras, que veñen de regresar do seu encontro contra o Málaga para poñer fin á primeira fase da Liga Guerreras de División de Honra

    O alcalde e a concelleira de Deportes da Guarda, felicitan públicamente ao Mecalia Atl. Guardés

    Antonio Lomba, alcalde da Guarda e Montserrat Magallanes, Concelleira de Deportes, trasladaron os seus parabéns para o equipo, directivo técnico e xogadoras do 'Mecalia Atl. Guardés' tras conseguir o galardón de Mellor Equipo Feminino 2018, xunto co Burela Fútbol Sala Feminino, un premio que concede anualmente a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

    Concello e «Mecalia Atlético Guardés» asinan un convenio de colaboración

    O alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes e o presidente do 'Mecalia Atl. Guardés', José Manuel Silva, asinaron na mañá deste luns día 21 de outubro un convenio de colaboración mediante o cal se promove, fomenta e incentiva a práctica deportiva do balonmán de base e de alta competición cunha subvención de 35.000 €.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.