21.6 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaConcello e «Mecalia Atlético Guardés» asinan un convenio de colaboración

    Concello e «Mecalia Atlético Guardés» asinan un convenio de colaboración

    O alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes e o presidente do ‘Mecalia Atl. Guardés’, José Manuel Silva, asinaron na mañá deste luns día 21 de outubro un convenio de colaboración mediante o cal se promove, fomenta e incentiva a práctica deportiva do balonmán de base e de alta competición cunha subvención de 35.000 €.

    Esta axuda establécese segundo o proxecto presentado pola entidade deportiva «Tempada competición balonmán 2018-2019» para asumir unha mellor actuación do primeiro equipo, así coma o mantemento das escolas deportivas cos equipos e categorías inferiores.

    Antonio Lomba aproveitou a ocasión para informar de que a liña de fibra óptica do Pavillón Municipal da Sangriña, xa se atopa operativa, e será empregada xa para facer a retransmisión do partido en streaming por internet do vindeiro sábado día 2 de novembro, no encontro que terá lugar entre o Mecalia Atl. Guardés e o Balonmano Salud Tenerife previsto para as 20:00h na sexta xornada da Liga Guerreras Iberdrola 2019/20. As velocidades de conexión da nova líña de internet multiplicarán por 10 as velocidades actuais de baixada e en 25 as de subida, cunha disponibilidade que permitirá garantir un servizo de calidade.

    Pola súa banda, Montserrat Magallanes destacou o importante papel que se realiza dende esta entidade deportiva, “cun equipo de élite que leva o nome da Guarda por todo o mundo, motivo de orgullo para todo o pobo guardés”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.