17.9 C
Pontevedra
Venres, 10 de Maio de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaO Mecalia Guardés conseguiu o SubCampionato da Copa Raíña

    O Mecalia Guardés conseguiu o SubCampionato da Copa Raíña

    A Deputación de Pontevedra trasladou a “máis agarimosa” felicitación ao Mecalia Guardés que conseguiu en Donostia o SubCampionato da Copa da Raíña tras un vibrante partido ante o Costa do Sol de Málaga no que as xogadoras da Guarda fixeron o imposible pola vitoria que finalmente non puido ser despois do esforzo que fixeron na intensa semifinal gañada o sábado ante as favoritas do Bera Bera.

    “Unha auténtica fazaña”. Así cualificou Gorka Gómez o SubCampionato que lograron as xogadoras. O deputado de Deportes, que acompañou ao Guardés, a súa directiva e a súa afección no Illunbe Estadio de Donostia xunto aos presidentes da Federación Galega e da Federación Española de Balonmán, expresou “o orgullo por este equipo que volveu a deixalo todo na cancha e que unha vez máis fai historia. Son incribles e volven a poñer ao deporte da provincia de Pontevedra no máis alto”, sinalou.

    O deputado xa avanzou que a plantilla do Mecalia Guardés será recibida na Deputación de Pontevedra pola presidenta Carmela Silva “para unha homenaxe máis que merecida”. “Ninguén debe esquecer, recordou, que falamos dun equipo que ven dunha vila pequena e que está a altura dos máis grandes do Estado levando o nome da provincia por toda Europa. Teñen moitísimo mérito”, rematou.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.