Tag: marcha nórdica
A actividade ‘Marcha Nórdica’ estréase en Nigrán co aforo completo
O Concello de Nigrán estreou esta semana a actividade deportiva municipal de 'Marcha Nórdica' como parte da súa oferta pública e coa totalidade das 40 prazas cubertas.
Ponteareas promove deporte e saúde a través da marcha nórdica
O Concello de Ponteareas organiza neste último trimestre do ano unha serie de xornadas técnicas de marcha nórdica, o deporte recomendado por todo o que achega á saúde de cada persoa independentemente da súa idade.
‘La Icónica’ reuniu esta fin de semana a máis de 150 participantes que percorreron unha ruta dende Oia á Tui
A Icónica, unha proba que uniu Oia e Tui, viviu dúas grandes xornadas a pasada fin de semana. O primeiro percorrido, entre Oia e A Guarda que constaba de 15 quilómetros, celebrouse o sábado, mentres que o domingo as preto de 150 persoas participantes afrontaron un treito, máis esixente co dobre de quilómetros, entre A guarda e Tui.
O xoves finaliza a inscrición para La Icónica, que se disputa o fin de semana
O xoves péchanse as inscricións para afrontar La Icónica, unha nova experiencia atlética dentro da modalidade de marcha nórdica aínda que tamén haberá espazo para o tradicional sendeirismo. Este evento será a próxima fin de semana. A primeira etapa será entre Oia, pasando polo Rosal, e A Guarda. O domingo realizarase o percorrido con saída na Guarda e por Tomiño, Villanova de Cerveira, Valença e Tui. As inscricións pódense formalizar na páxina web Laiconica.es ata o xoves.
Mañá xoves péchase a inscrición para ‘A Icónica’ unha nova experiencia atlética da modalidade de marcha nórdica
O xoves péchanse as inscricións para afrontar A Icónica, unha nova experiencia atlética dentro da modalidade de marcha nórdica aínda que tamén haberá espazo para o tradicional sendeirismo. Este evento será a próxima fin de semana. A primeira etapa será entre Oia, pasando polo Rosal, e A Guarda. O domingo realizarase o percorrido con saída na Guarda e por Tomiño, Villanova de Cerveira, Valença e Tui. As inscricións pódense formalizar na páxina web laiconica.es ata o xoves.
La Icónica aumenta a máis de mil euros o valor dos premios para as dúas xornadas de marcha nórdica e sendeirismo
Unha marcha nórdica en Galicia supón un aliciente especial. Así o poderán entender os participantes en La Icónica, o evento que se desenvolverá a última fin de semana deste mes de setembro en Oia, A Guarda e Tui como principais puntos de referencia, e que destinará máis de mil euros en premios. As inscricións están abertas na web laiconica.es e a organización dispuxo dun servizo de autobuses para que os participantes teñan todas as facilidades para afrontala e decidiu aumentar a contía dos agasallos debido a que se espera unha masiva afluencia de participantes. Non se aceptarán, por medidas de seguridade, máis de 200 rexistrados, polo que as prazas non son moitas.