Tag: lingua
A Deputación destina 220.000 euros a concellos e entidades culturais para desenvolver actividades e programas de fomento da lingua galega
A Deputación de Pontevedra, a través do servizo de Lingua, vén de facer públicas as bases de subvencións dirixidas aos concellos e ás entidades culturais sen fins de lucro para as actividades de dinamización da lingua galega do ano 2021. Estas axudas, que segundo confirma a deputada María Ortega ascenden a 220.000 euros, incorporan varias novidades con respecto a anteriores edicións: priorizarán as actividades organizadas por concellos que dispoñan de Servizo de Normalización Lingüística e permitirán financiar non só unha, senón varias actividades sempre que estean dentro dun programa xeral de potenciación da lingua.
Ábrese o prazo de inscrición para os cursos preparatorios dos Certificados de Lingua Galega, Celga
O concelleiro de Lingua, Fernando Groba, vén de dar conta á cidadanía da posibilidade de realizar de xeito gratuíto os cursos preparatorios para os Certificados de Lingua Galega, Celga, que se realizarán de xeito presencial ou en liña, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
A Deputación concede subvencións para actividades de Lingua a Tomiño e Oia no Baixo Miño e a Ponteareas, Mondariz, A Cañiza e Covelo no Condado-Paradanta
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar as subvencións do Departamento de Lingua aos concellos de Tomiño e Oia no Baixo Miño e Ponteareas, Mondariz, Cañiza e Covelo no Condado-Paradanta.
Xunta e ‘Renfe Viajeros’ homenaxean a Carvalho Calero nos trens de alta velocidade e nas estacións das sete cidades galegas
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou esta semana a campaña posta en marcha pola Xunta de Galicia e 'Renfe Viajeros' para homenaxear a Ricardo Carvalho Calero no marco da Semana das Letras Galegas que este ano, de xeito excepcional, se está a celebrar en outubro. Así, a través desta iniciativa os repousacabezas de 13 trens de alta velocidade do corredor atlántico A Coruña-Santiago de Compostela-Vigo e do corredor Avant A Coruña-Santiago de Compostela-Ourense lucirán a imaxe da campaña institucional durante un mes.
Ponteareas convoca a segunda edición do premio ‘Ponteareas, Lingua e Empresa’
As Concellarías de Lingua e Promoción Económica do Concello de Ponteareas, que dirixen Fernando Groba e Eva Gil, respectivamente, convocan a II edición do Premio 'Ponteareas, Lingua e Empresa' co obxectivo de recoñecer as empresas que usan a lingua galega na actividade económica. Segundo Fernando Groba, este premio ten como finalidade "promover o uso da lingua galega na actividade económica do Concello de Ponteareas, estender o seu uso nas relacións laborais, comerciais e empresariais, e recoñecer publicamente a contribución ao aumento e mellora do uso social do galego desde este sector".
O Rosal ‘saca a lingua’ polo Día das Letras Galegas
O Rosal continúa coas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, este ano de xeito diferente, divertido e buscando implicar a toda a veciñanza. Xa está en marcha a iniciativa ‘Esta é a miña lingua’, unha mostra fotográfica que ten como obxectivo establecer un paralelismo entre a lingua...
Redondela inaugura «Matemaxia» para fomentar o galego no eido da ciencia
O pasado 4 de novembro celebrábase o «Día da Ciencia en Galego», e por este motivo o Servizo de Normalización Lingúística do Concello de Redondela organizou un obradoiro titulado 'Matemaxia', que estivo a cargo do Mago Paco e dirixido aos cursos de 5º e 6º de primaria.