13.9 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorGondomarGondomar ofrece asesoramento gratuíto ao comercio para a revisión das facturas eléctricas

    Gondomar ofrece asesoramento gratuíto ao comercio para a revisión das facturas eléctricas

    O Concello de Gondomar a través dun convenio asinado coa Federación Provincial de Comercio Turismo e Mercados de Pontevedra, ofrecerá un servizo de asesorameto gratuíto en materia de consumo eléctrico, para calquera comercio ou empresa ubicada en Gondomar.

    A través de este convenio de colaboración asinado entre o alcalde Paco Ferreira e o Secretario Xeral da Federación, Enrique Nuñez, os comerciantes de Gondomar disporán dende o 17 de outubro e por un período de un mes, dun servizo de asesoramento en materia enerxética.

    Deste xeito os comerciantes que o desexen poderán dirixirse á Federación Provincial, e especialistas na materia analizarán os seus contratos e facturas e lles facilitarán asesoramento, analizando as distintas opcións existentes no mercado, para facilitarlles a oferta que mellor se adapte ao seu negocio.

    Para beneficiarse deste servizo so deberán remitir ás súas facturas por correo electrónico a: revisamifactura@comerciogallego.es para que os técnicos da Federación Provincial realicen un estudo individualizado  dos consumos do establecemento, buscando erros na facturación e plantexando a alternativa que poida ser máis vantaxosa.

    No acto de sinatura deste convenio o alcalde Paco Ferreira, destacou que “o Concello de Gondomar ten unha aposta clara polo comercio de proximidade, e poremos a súa disposición todas as ferementas posibles para que poidan seguir a desenvolver a súa actividade nas mellores condicións. “Somos conscientes de que actualmente o comercio está a atravesar un periodo de dificultade provocado pola crise enerxética e estamos seguros de que este servizo que poñemos agora en marcha, servirá de axuda en moitos casos para a reducción do gasto en materia enerxética o que beneficiará á competitividade do comercio da nosa vila”.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.