15.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorGondomarGondomar inicia un estudo da situación das comunidades de usuarios de augas

    Gondomar inicia un estudo da situación das comunidades de usuarios de augas

    O Concello de Gondomar e COXAPO, realizarán un estudo da situación de todas as comunidades de usuarios de augas de Gondomar, tal e como acordaron o alcalde, Paco Ferreira, e o presidente da asociación, Joaquín Pousa.

    Este estudo comezará coa realización por parte do Concello dunha analítica completa da calidade da auga de cada unha das comunidades, co fin de establecer un punto de partida en canto ao seu uso e consumo.

    Analizaránse ademáis dos parámetros básicos, a posible presenza de Aluminio ou o Radón, dous dos elementos máis presentes nas augas da contorna e que limitan o seu uso para o consumo humano.

    Con esta primeira acción o Concello de Gondomar pon o foco na necesidade de garantir a total potabilidade das augas para a protección da saúde dos usuarios.

    Unha vez obtidos os resultados destas analíticas serán os técnicos de COXAPO os que asesoren ás directivas das diferentes comunidades de augas sobre os pasos a seguir e as medidas a realizar en cada caso.

    Paralelamente a este traballo de analise e asesoramento, o concello continuará co traballo xa iniciado de inventariado de todas as redes de captación, submnistro e acumulación, de cada unha das comunidades, para así poder plantexar as necesidades e demandas necesarias.

    O alcalde, Paco Ferreira, sinalou que “unha vez teñamos unha foto clara da situación de cada unha destas comunidades, e das suas instalacións, poderemos utilizala para definir de mellor xeito as bases da convocatoria de axudas  que imos a lanzar, e na que xa estamos traballando dende hai tempo, co obxectivo de que todas as persoas usuarias de estas redes veciñais poidan ter o mellor servizo posible”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.