Tag: galp
O GALP Ría de Vigo-A Guarda destinou case 600.000 euros a proxectos da súa zona no último ano
O pasado ano, marcado pola irrupción da pandemia da Covid-19 e a crise económica que a acompañou - e que aínda se deixa sentir-, o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo - A Guarda continuou a traballar no fomento do tecido socioeconómico dos municipios da súa área de influencia (Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda).
O prazo de presentación de proxectos para as axudas xestionadas polo GALP Ría Vigo-A Guarda remata o 1 de marzo
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo-A Guarda quere animar ás persoas emprendedoras dos concellos da súa área de influencia (Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda) a solicitar as liñas de axudas que proveñen da Consellería do Mar e do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e que canaliza esta entidade.
Nigrán emprende as obras para construir un miradoiro de aves e dotar á contorna das dunas dun novo peche perimetral e de ramplas accesibles
O Concello de Nigrán concluirá esta semana as obras para dotar do primeiro observatorio de aves a contorna do espazo dunar de praia América-Panxón e para mellorar a súa accesibilidade, todo elo a través da subvención do GALP de 45.451,23€.
Nigrán acolle un encontro do GALP para avanzar na creación dunha rede de recursos patrimoniais en toda a costa da súa influencia
O alcalde do Concello de Nigrán, Juan A.González, presentou onte no Auditorio Municipal o segundo encontro do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo-A Guarda (GALP 7) para avanzar na posta en marcha dun proxecto destinado a por en valor o patrimonio marítimo de toda a zona de influencia. A esta reunión acudiron representantes de diferentes entidades implicadas, como Anfaco, Porto de Vigo, Campus do Mar...