14.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: festivos locais

    O 21 de febreiro e o 29 de setembro de 2023, festivos locais no Rosal

    O 21 de febreiro e o 29 de setembro de 2023 serán días festivos no Rosal. Esta é a proposta que aprobou o pleno municipal na sesión celebrada este xoves ás 20.30 horas na Casa Consistorial.

    Festivos locais para o ano 2022 na Guarda

    Na sesión plenaria ordinaria do pasado venres día 1 de outubro de 2021 foron aprobados os Festivos Locais para o ano 2022.

    O 4 de febreiro e o 1 de marzo de 2022, festivos locais no Rosal

    O Concello do Rosal aprobará este venres 1 de outubro en pleno a declaración das festividades locais para o vindeiro 2022. A primeira das datas elixidas como festivo para o próximo ano será o venres 4 de febreiro, coincidindo co Día Mundial contra o Cancro.

    O Grupo Municipal Socialista cuestiona unha das últimas decisións de AER “contratar unha empresa para facer unha enquisa xa realizada o ano anterior”

    O Grupo Municipal Socialista do Concello de Redondela cuestionou onte unha das últimas decisións de AER antes de abandonar o Goberno local e que da que o grupo socialista non tiña coñecemento: contratar unha empresa para que elabore unha páxina web a través da que se poida facer unha enquisa popular sobre os festivos locais.

    Celebración do pleno ordinario de setembro en Salvaterra

    No día de onte tivo lugar a celebración da sesión ordinaria do Pleno Municipal do mes de setembro, onde se trataron temas como os festivos locais, á aprobación do protocolo de colaboración coa AECT Río Miño ou unha moción de apoio aos autónomos.

    Nigrán celebra que a Xunta rectifique e recoñeza San Roque de Camos como festivo local

    O Concello de Nigrán celebra que a Xunta de Galicia finalmente rectificase a súa posición publicando oficialmente no BOP de hoxe San Pedro e San Roque de Camos como festivos locais no vindeiro ano, 29 de xuño e 24 de agosto respectivamente. Deste xeito, no 2020 será a primeira vez na historia do municipio que San Roque de Camos se celebre como festivo local.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.