19.6 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán celebra que a Xunta rectifique e recoñeza San Roque de Camos...

    Nigrán celebra que a Xunta rectifique e recoñeza San Roque de Camos como festivo local

    O Concello de Nigrán celebra que a Xunta de Galicia finalmente rectificase a súa posición publicando oficialmente no BOP de hoxe San Pedro e San Roque de Camos como festivos locais no vindeiro ano, 29 de xuño e 24 de agosto respectivamente. Deste xeito, no 2020 será a primeira vez na historia do municipio que San Roque de Camos se celebre como festivo local ante a coincidencia de San Fiz en sábado e ao ser declarado San Xoan festivo autonómico.

    Precisamente, ante esta probabilidade, o pleno do 26 de xullo de 2018 estableceu por unanimidade San Roque de Camos (24 de agosto) como a segunda alternativa válida de festivo local en Nigrán (paralelamente refrendouse nesta sesión que os festivos tradicionais e preferentes na localidade son San Pedro o 29 de xuño e San Fiz o 1 de agosto, sendo a primeira alternativa a estes San Xoan o 24 de xuño e San Roque de Camos o 24 de agosto como segunda opción).

    Así, conforme ao referendado neste pleno, o Concello de Nigrán comunicara por escrito o pasado 2 de outubro á Consellería de Economía, Emprego e Industria a súa decisión de establecer finalmente San Pedro e San Roque como festivos locais no 2020. Porén, pese ao Concello a cumprir en tempo e forma, dende á Xunta insistían en invalidar a decisión adoitada co voto favorable de toda a Corporación, pretendendo impoñer os mesmos festivos que este ano 2019, o que na práctica significaría que os veciños de Nigrán serían os únicos de Galicia en desfrutar dun único festivo local e non dous, circunstancia que o goberno local denunciou publicamente.

    “Eliximos San Roque de Camos por ser unha data con gran arraigo no municipio, non foi un capricho, toda a corporación así o considerou, así que celebramos que finalmente a Xunta respecte o acordado polo Concello e acate a nosa decisión, o contrario sería un agravio a toda a veciñanza”, conclúe Juan González, alcalde de Nigrán.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS