9.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis

    Tag: escola de letras

    Mañá abre o prazo de inscrición para o último taller da Escola de Letras 2023

    Este martes 11 de xullo, ás 8 da mañá, abrirase o prazo de matriculación para o último dos obradoiros da Escola de Letras da Deputación e a Editorial Galaxia deste ano, que impartirá entre os meses de setembro e outubro Diego Giráldez no Edificio Administrativo da institución provincial en Pontevedra.

    A Deputación e Galaxia arrancan a terceira edición da Escola de Letras

    A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, a primeira posta en marcha en Galicia e unha das escasas que existen a nivel estatal, comezará a escribir a súa terceira edición a partir do vindeiro 8 de febreiro.

    A Escola de Letras retoma hoxe a súa actividade presencial

    Coa mellora da situación sanitaria, a Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia retoma este mércores a súa actividade presencial, despois de que os primeiros obradoiros deste ano, a cargo de Inma López Silva, tiveran que desenvolverse de xeito telemático.

    Comeza a segunda edición da Escola de Letras

    Despois do grande éxito da primeira edición, a Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia volveu hoxe luns, 15 de marzo, a abrir as súas portas virtuais ao alumnado, xa que os primeiros obradoiros desenvolveranse de xeito telemático debido ás restricións derivadas da pandemia.

    Esgotadas as prazas da segunda edición da Escola de Letras da Deputación e a Editorial Galaxia

    A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia mantén intacto o seu tremendo tirón. Deste xeito, en só catro días xa se esgotaron as 90 prazas dos seis cursos que ofrecerá este ano a Escola, e hai unha importante lista de agarda con medio centenar de persoas.

    Arranca a segunda edición da Escola de Letras da Deputación e Editorial Galaxia

    Despois da súa excepcional acollida no 2020, a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia volven coa segunda edición da Escola de Letras para ofrecer unha nova oferta formativa de creación literaria dirixida a todas aquelas persoas que desexen aprender e gozar da palabra con algunhas das voces da escrita máis importantes do panorama galego actual.

    Deputación e Editorial Galaxia retoman a exitosa ‘Escola de Letras’ como porta ao mundo da creación literaria

    Trala súa excepcional acollida o pasado 2020, a Deputación de Pontevedra e a editorial Galaxia volven coa segunda edición da súa Escola de Letras, que ten previsto o seu arranque no vindeiro mes de marzo. A presidenta da institución provincial, Carmela Silva, e o director da Escola, Francisco Castro, fixeron un balance da primeira edición e presentaron as novidades para este ano que contará no profesorado con dúas novas escritoras que impartirán obradoiros, facendo así paritaria a súa composición, tres mulleres e dous homes, amais do director da Escola .

    A Escola de Letras continúa apoiando a creación literaria cunha ‘masterclass’ impartida por Ana R. Figueiredo

    A Escola de Letras, que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha xunto á Editorial Galaxia no pasado mes de maio, continúa a súa andaina coa celebración, o próximo mércores 20 de xaneiro ás 19.00 horas, dunha ‘masterclass’ impartida pola escritora Anna R. Figueiredo.

    A Escola de Letras da Deputación segue adiante con novos obradoiros en formato telemático

    Ante a actual situación derivada da pandemia a “Escola de Letras”, que a Deputación de Pontevedra organiza xunto a Editorial Galaxia, vén de modificar a formato telemático os vindeiros obradoiros que ían ter lugar nas sedes de Vigo e Pontevedra da institución provincial.

    Antonio García Teijeiro, Inma López Silva, Francisco Castro e Diego Giráldez, dirixirán os obradoiros da Escola de Letras

    Os recoñecidos autores galegos Antonio García Teijeiro, Francisco Castro e Diego Giráldez e a autora Inma López Silva dirixirán os obradoiros literarios deste primeiro ano da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra, que xa ten perfilada a súa programación desde o vindeiro mes de xuño ata decembro.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.