24.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Setembro de 2023
Máis

    Tag: editorial galaxia

    A Deputación e Galaxia arrancan a terceira edición da Escola de Letras

    A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, a primeira posta en marcha en Galicia e unha das escasas que existen a nivel estatal, comezará a escribir a súa terceira edición a partir do vindeiro 8 de febreiro.

    Esgotadas as prazas da segunda edición da Escola de Letras da Deputación e a Editorial Galaxia

    A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia mantén intacto o seu tremendo tirón. Deste xeito, en só catro días xa se esgotaron as 90 prazas dos seis cursos que ofrecerá este ano a Escola, e hai unha importante lista de agarda con medio centenar de persoas.

    Arranca a segunda edición da Escola de Letras da Deputación e Editorial Galaxia

    Despois da súa excepcional acollida no 2020, a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia volven coa segunda edición da Escola de Letras para ofrecer unha nova oferta formativa de creación literaria dirixida a todas aquelas persoas que desexen aprender e gozar da palabra con algunhas das voces da escrita máis importantes do panorama galego actual.

    Presentada no Porriño ‘A cámara escura’, obra gañadora do ‘III Premio Roberto Vidal Bolaño’

    A primeira edición da obra 'A cámara escura', de José Luis Baños, gañadora da III edición do Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais, realizada pola Editorial Galaxia, presentouse onte no Concello do Porriño nun acto no que a concelleira de Educación, Lourdes Moure, actuou como anfitrioa do acto xunto co autor, José Luis Baños, e acompañada por Francisco Castro, director xeral de Galaxia e Raquel Castro, secretaria do xurado permanente do certame.

    Estrea da escritora Inma López Silva na Escola de Letras da Deputación e Galaxia

    A recoñecida escritora galega Inma López Silva impartirá desde este luns 2 de novembro dous novos cursos da Escola de Letras que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha xunto á Editorial Galaxia. Trátase de dous obradoiros literarios, un de iniciación, e outro de perfeccionamento que terán oito sesións cada un deles entre novembro e decembro. As súas prazas están esgotadas e se celebrarán en formato telemático ante a actual situación derivada da pandemia da Covid-19.

    Nace a Escola de Letras de Galicia, “unha nova aposta pola cultura como necesidade vital”

    'Tod@s temos unha historia que contar'. Baixo este lema como sinal de identidade, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o director xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro, presentaron hoxe a que será a primeira Escola de Letras de Galicia e unha das poucas existentes no estado, “a primeira que nace coa potencia dun apoio editorial”, como ambos sinalaron na rolda telemática, na que tamén participou a deputada de Cultura Victoria Alonso.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.