11.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: descúbreas

    Arranca unha nova edición de “Descúbreas”

    A sede de Vigo da Deputación encheuse onte pola tarde de música para dar un espectacular inicio á terceira edición de “Descúbreas”, o programa que impulsan a institución provincial e Regalamúsica para promover a participación das mulleres na industria musical.

    O Castelo de Soutomaior énchese coa forza das mulleres da música na gala “Descúbreas”

    “Son muller, son invencible, son forte”. Os acordes e a letra do inesquecible himno de sororidade de Helen Reddy “I’m woman” soaron onte con forza na Explanada dos Plátanos do Castelo de Soutomaior

    ‘Descúbreas’ reivindica a voz das “aloitadoras” que comezan na industria musical

    Música feita por mulleres, reivindicación feminista e visibilidade ás artistas da provincia. A explanada de Montero Ríos de Pontevedra, ao pé da escalinata exterior do Pazo Provincial, foron esta tarde o escenario perfecto para o “programón”, en palabras da presidenta da Deputación, Carmela Silva, do evento de “Descúbre-as” co que a institución devolveu a música en vivo á cidade de Pontevedra da man “das nosas aloitadoras e conquistadoras, as nosas brillantes activistas da vida cotiá na música”.

    ‘Descúbre-As’ arranca o seu programa de mentoring para lanzar a carreira musical de oito mozas da provincia

    Para seguir a sortear as barreiras invisibles ás que teñen que enfrontarse as mulleres que queren dedicarse á música, a Deputación de Pontevedra pon en marcha a través da Plataforma “Descúbre-as” o programa de mentoría para o que serán seleccionadas oito mozas da provincia que cumpran cos requisitos reflectidos nas bases que xa foron publicadas no BOPPO. As aspirantes a conseguir un destes postos deberán ter entre 16 e 26 anos e inquietudes musicais, xa que poderán adquirir coñecementos da man de profesionais da industria para a proxección das súas carreiras.

    A Deputación lanza o directorio de ‘Descúbre-as’ que visibiliza as mulleres do sector musical

    'Descúbre-as', o proxecto que Regalamúsica está a levar a cabo da man da Deputación de Pontevedra “para visibilizar ás mozas e mulleres da música e rachar coas discriminacións que tamén sofren neste ámbito”, conta desde hoxe cunha nova iniciativa: o primeiro directorio de mulleres da industria musical en Galicia que xa pode consultarse no sitio web www.descubreas.com.

    ‘Descúbreas’, unha plataforma web “para dotar de ferramentas ao talento feminino musical da provincia”

    “Descúbreas é un proxectazo, un dos proxectos máis relevantes que existe a prol da igualdade na música en Pontevedra, en Galicia, e en todo o Estado español”. Con esta afirmación, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, mostrou hoxe o seu orgullo “polos enormes avances dun programa presentado en decembro que a día de hoxe ten tantas novidades na plataforma web”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.