11.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ Noticia'Descúbreas', unha plataforma web "para dotar de ferramentas ao talento feminino musical...

    ‘Descúbreas’, unha plataforma web “para dotar de ferramentas ao talento feminino musical da provincia”

    Carmela Silva: “Na industria musical hai teitos de cristal e solos pegañentos que impiden que as mozas poidan chegar. “Descúbreas é un proxectazo, un dos máis relevantes na música en igualdade na provincia, en Galicia, e en todo o Estado”

    “Descúbreas é un proxectazo, un dos proxectos máis relevantes que existe a prol da igualdade na música en Pontevedra, en Galicia, e en todo o Estado español”. Con esta afirmación, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, mostrou hoxe o seu orgullo “polos enormes avances dun programa presentado en decembro que a día de hoxe ten tantas novidades na plataforma web”. A presidenta, xunto a Olalla Dopico, coordinadora do proxecto, presentaron as novas accións de www.descubreas.com “unha web moi potente, que crea redes, pon en relación ás mulleres novas coa industria musical para que poidan desenvolver a súa carreira profesional”. No acto de lanzamento participou a cantautora viguesa Sanny que interpretou algunhas das súas pezas. “Na industria musical –asegurou Carmela Silva– hai teitos de cristal e solos pegañentos que impiden que as mozas poidan chegar. Non pode haber nada mellor que permitir que as mulleres novas teñan instrumentos para poder dedicarse á música”.

    Carmela Silva: “Na industria musical hai teitos de cristal e solos pegañentos que impiden que as mozas poidan chegar. Non pode haber nada mellor que permitir que as mulleres novas teñan instrumentos para poder dedicarse á música”

    Neste eido, xa se poden consultar na web do programa vídeos, entrevistas, unha completa axenda, novas e recursos formativos que permitirán avanzar neste obxectivo. Trátase dunha páxina “de enorme calidade técnica” na que se inclúen dende vídeos titoriais ata foros, vídeo entrevistas, e un mapa de mulleres na industria musical, “fundamental para visibilizar que hai mulleres”. Xunto a estas seccións, e dada a amplitude de contidos que inclúe www.descubreas.com, lanzarase unha newsletter para “colaborar e facer comunidade e redes”, a fin de facilitar ás persoas usuarias a información e novidades de todo o que está a acontecer. A presidenta avanzou que “tamén se darán a coñecer novos avances en relación a Descúbreas o vindeiro martes, 23 de febreiro, cando presentaremos a nosa programación do 8M, que será o proxecto de visibilidade da axenda feminista máis potenteque se vai facer en toda Galicia”.

    A coordinadora do proxecto, Olalla Dopico afondou na plataforma web, un espazo que pretende “amosar de maneira atractivo e útil os contidos para motivar ás rapazas a crear comunidade e participar en proxectos, converténdose nun espazo seguro onde as mozas se sintan acompañadas”. Neste eido, a web inclúe novas protagonizadas por artistas femininas do ámbito local e internacional; vídeos de mozas como Mariña de Furious Monkey House; entrevistas a mulleres do sector que falan das súas inquedanzas e vivencias; unha axenda de eventos e concertos; contidos transversais para que as mozas poidan decidir como achegarse á música; un foro de consultas online co asesoramento de músicas profesionais; un directorio de contactos de mulleres da industria musical da provincia de Pontevedra e de Galicia para crear rede; así como información do programa de mentoring, “pioneiro no seu eido”, para acompañar ás mozas nos seus primeiros pasos na música. “Hai –asegurou– moita información e por iso imos lanzar unha newsletter, que enviaremos semanalmente ás persoas subscritas, cun resumo dos contidos máis importantes”.

    “Hai unha palabra que define o que estamos a facer na provincia –afirmou Carmela Silva– que é transformar. Pero é imposible transformar o mundo se o 52 % da poboación non ten todos os seus dereitos e por iso, na Deputación, a igualdade é o eixo vertebrador da nosa acción”. Baixo esta premisa e partindo dos datos “indignantes” das mulleres na industria musical, pese a que os conservatorios, as escolas de música e os centros de formación “están cheos de nenas e mulleres mozas”, xorde o proxecto Descúbreas, unha iniciativa que nace de Regalamusica, “dunha sociedade que cree na igualdade e está comprometida coa transformación”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.