Tag: casa do concello
O Concello licita a adecuación da planta baixo cuberta do edificio consistorial
O Concello da Guarda ven de sacar a licitación as obras de adecuación da planta baixo cuberta do edificio sede do Concello, cun orzamento de execución de 141 610,00 € sen IVE e cun prazo de execución de 60 días.
Hoxe comezou a limpeza da fachada e o arranxo da cuberta do Concello do Porriño
Operarios da empresa “Naturgalia” comezaron hoxe a hidro limpeza das fachadas do Concello, iniciando os traballos polo lateral do edificio consistorial que cara á rúa Antonio Palacios.
O Goberno local de Redondela mantén a súa aposta pola accesibilidade nas oficinas da Casa do Concello
O Concello de Redondela remata, nestes días, as obras de remodelación das oficinas situadas na planta baixa da casa consistorial nunha clara aposta por dotar a todas as dependencias dunha accesibilidade da que moitas carecían e, ao mesmo tempo, de crear espazo moderno e axeitado para as traballadoras e traballadoras e que, polo tanto, permita ofrecer un mellor servizo á cidadanía. Para esta actuación, contouse cunha achega da Deputación de Pontevedra, con cargo ao Plan Concellos, de 56.974,67.
A Policía Local informa dos meses nos que se poderá renovar o DNI en Ponteareas
A Concellería de Mobilidade e Tráfico, que dirixe Roberto Mera, informa dos meses nos que o equipo móbil da Policía Nacional renovará os documentos nacionais de identidade en Ponteareas.
Asínase a acta de replanteo da obra de rehabilitación do antigo edificio do Concello de Salvaterra como nova biblioteca
A pasada semana asinábase dentro do antigo edificio do Concello de Salvaterra de Miño, por parte da Xunta de Galicia e os técnicos, a acta de replanteo da obra de rehabilitación para a creación da nova Biblioteca Pública, que comezará en breve.
Nigrán abre o Rexistro este luns mediante cita previa e a Biblioteca só para préstamos e devolucións
O Concello de Nigrán, coincidindo coa fase 2 da desescalada, reabrirá este luns 25 de maio a Biblioteca Municipal de 9:00 a 15:00 sólo para préstamos e devolucións e o Rexistro de momento só mediante cita previa (será así mentres os prazos administrativos continúen suspendidos). As persoas que precisen acudir ao Rexistro deberán solicitar cita no 986 365 000 ou a través do mail rexistro@nigran.org.
O Concello de Redondela retoma a súa actividade presencial pero con cita previa
O luns 25 de maio, veciñas e veciños de Redondela poderán realizar trámites presenciais nas distintas dependencias do Concello, aínda que terán que facelo solicitando cita previa no teléfono 986 400 300, onde se lles indicará a data e hora e as recomendacións de seguridade a seguir.
O Concello de Salceda reabre as súas portas con tódalas medidas de seguridade
A Casa do Concello de Salceda e a Casa da Cultura Castelao volven abrir as súas portas ao público este xoves 21 de maio, unha vez que se conte con tódalas medidas de seguridade precisas tanto para salvagardar o cadro de persoal como a veciñanza. En ámbolos dous edificios só se atenderá con cita previa, que se pode solicitar a través de teléfono ou empregando a sede electrónica.
O Rosal reanuda o luns 11 a atención ao público de xeito presencial
O Concello do Rosal xa está a tomar as medidas necesarias para a súa reapertura ao público o vindeiro luns 11 de maio. Ese día reanudaranse os servizos de atención ao público de xeito presencial, aínda que seguirá tendo carácter prioritario a atención telefónica e telemática, como viña sucedendo ata o de agora dende o comezo do estado de alarma.