20.2 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán abre o Rexistro este luns mediante cita previa e a Biblioteca...

    Nigrán abre o Rexistro este luns mediante cita previa e a Biblioteca só para préstamos e devolucións

    Coincidindo coa fase 3 da desescalada o 8 de xuño, se todo vai ben, abriranse as instalacións da Biblioteca ao público cun aforo máis limitado e retomaranse as citas presenciais no Concello, en ambos casos con todas as medidas de seguridade precisas

    O Concello de Nigrán, coincidindo coa fase 2 da desescalada, reabrirá este luns 25 de maio a Biblioteca Municipal de 9:00 a 15:00 sólo para préstamos e devolucións e o Rexistro de momento só mediante cita previa (será así mentres os prazos administrativos continúen suspendidos). As persoas que precisen acudir ao Rexistro deberán solicitar cita no 986 365 000 ou a través do mail rexistro@nigran.org.

    O Concello de Nigrán, ante esta apertura, ubicou mamparas nos mostradores de Rexistro e Información, subministro de xel hidroalcohólico e insiste á cidadanía en que será obrigatorio acudir con máscara para garantir a saúde de todos. Deste xeito, o acceso ao Concello limitarase para as persoas que acuden ao Rexistro coa cita previa como medida de seguridade para evitar calquera concentración humana. Todos os demais servizos municipáis continuarán a desenvolverse mediante atención telefónica, tal e como se ven facendo.

    Coincidindo co inicio da fase 3 da desescalada o 8 de xuño (se Galicia pasa a esta fase) está previsto que a Biblioteca Municipal abra ao público as súas dependencias cun aforo máis limitado para garantir o distanciamento social. Tamén neste momento está previsto que se retome boa parte da actividade presencial na Casa Consistorial cumprindo sempre coas medidas de seguridade que se indiquen.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.