10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Concello de Redondela retoma a súa actividade presencial pero con cita...

    O Concello de Redondela retoma a súa actividade presencial pero con cita previa

    O luns 25 de maio, veciñas e veciños de Redondela poderán realizar trámites presenciais nas distintas dependencias do Concello, aínda que terán que facelo solicitando cita previa no teléfono 986 400 300, onde se lles indicará a data e hora e as recomendacións de seguridade a seguir.

    Deste xeito, o Concello redondelán retoma paulatinamente a actividade presencial suspendida a raíz da crise da COVID-19, aínda que a atención á cidadanía foi mantida de xeito continuado a través da atención telefónica e de correo electrónico.

    Agora, cos primeiros pasos na denominada nova normalidade, o persoal municipal retoma o seu traballo presencial “con novas medidas de seguridade sanitaria que permitan garantir tanto a saúde das usuarias e usuarios coma a das traballadoras e traballadores do Concello”.

    Co sistema de cita previa, elimínanse as esperas e, polo tanto evítanse concentracións de persoas nas dependencias municipal “diminuíndo as posibilidades de contaxio e seguindo as recomendacións ditadas polas autoridades sanitarias”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.