Tag: camos
Nigrán emprende as obras de ampliación de abastecemento de auga en Camos
O Concello de Nigrán cubrirá neste ano as necesidades de abastecemento da parroquia de Camos mediante a ampliación que se está a realizar nos barrios de O Xuncido, Balinfra, Rial e A Cruz e a próxima contratación para cubrir O Carballal e A Tarela (Camos e Nigrán, respectivamente)
O Concello de Nigrán insiste en pedir ante a Xunta a desafección da casa dos mestres de Camos ao acreditar que non ten uso residencial
O Concello de Nigrán reiterará oficialmente ante a Consellería de Educación a súa petición de desafección da vivenda dos mestres de Camos (en Balinfra, número 45) ao poder acreditar documentalmente que está deshabitada e en estado de abandono
O Concello celebra que a Deputación teña unha solución fronte ao risco de desprendemento de rochas nun tramo da estrada de Camos a Chandebrito
O Concello de Nigrán celebra a solución adoitada pola Deputación de Pontevedra para por fin ao risco de desprendemento de grandes rochas desde a ladeira do monte nun tramo de 50 metros da estrada de Camos a Chandebrito, á altura do barrio de Piñeiros.
Nigrán aproba o proxecto para crear o seu primeiro parque forestal ‘Río Matos-Táboas’ tras recibir o último informe sectorial
O goberno de Nigrán aprobou o proxecto para crear o primeiro parque forestal da comarca, situado na zona do Río Matos - Táboas (no monte comunal das parroquias de Camos e Chandebrito) despois de 20 meses de espera polo informe sectorial favorable da Axencia Galega de Infraestruturas.
Nigrán mantén a súa colaboración coas comunidades de augas veciñais renovando os colectores de “A Revolta-Piñeiros” en Camos
O Concello de Nigrán aposta por preservar as traídas de augas veciñais privadas investindo naquelas que desexan manter de cara ao futuro este servizo básico para as parroquias de Camos e Chandebrito, onde non chega ao 100% o abastecemento municipal.
O Concello de Nigrán logra reducir a presenza de velutina tras retirar máis de 500 niños e repartir máis de 1.000 trampas
O Concello de Nigrán constata a reducción da presenza de vespa velutina na comarca tras retirar persoalmente o edil de Sanidade máis de 500 niños nos últimos tres anos e repartir gratuítamente 1.200 trampas entre a veciñanza. Así, se no ano 2018 a súa concellalía retirou 270 niños, no 2019 foron 175 e neste ano lévanse 81 (nos vindeiros días, eliminaranse unha ducia máis, sendo 93 a totalidade dos que se teñen notificado ata a data).
O martes ábrese a inscrición para participar no ‘Día Internacional das persoas maiores’ en Nigrán
O Concello de Nigrán celebrará un ano máis o Día Internacional das Persoas Maiores este xoves 1 de outubro, nesta ocasión constará, se o tempo o permite, dunha andaina ata o miradoiro do pericoto de Vilar (Camos) e homenaxe posterior. Por cuestións de protocolo sanitario estará limitada a participación a 30 persoas
A Casa dos mestres de Balinfra acolle ao alumnado da especialidade de atención Socio-sanitaria do Obradoiro de Emprego “Crea e Coida Miñor”
O Obradoiro de emprego “Crea e Coida Miñor” formado polas especialidades de “Atención Socio sanitaria a persoas en domicilios e a persoas dependentes en institucións sociais” e “Deseño de produtos gráficos”, pretende cubrir un aspecto clave da actividade do Val Miñor, por un lado atender a un colectivo, cada vez máis numeroso, de persoas dependentes tanto en institucións como en domicilios e por outro aspectos transversais que afectan como a especialidade de creación e el deseño gráfico.
O Concello de Nigrán abre hoxe xoves e mañá venres o prazo de inscrición para participar o domingo 26 na festa dos avós en Camos
O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición os días 16 e 17 de xullo de 10:00 a 13:00 horas no teléfono de contacto 986365000 para participar na primeira festa con motivo do Día do Avós o domingo 26 de xullo en Camos.