17.6 C
Pontevedra
Domingo, 13 de Outubro de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán emprende as obras de ampliación de abastecemento de auga en Camos

    Nigrán emprende as obras de ampliación de abastecemento de auga en Camos

    O Concello tamén consigna outros 205.000 € do remanente para que chegue ao Carballal e a Tarela

    O Concello de Nigrán cubrirá neste ano as necesidades de abastecemento de auga en Camos mediante a  ampliación que se está a realizar nos barrios de O Xuncido, Balinfra, Rial e A Cruz e a próxima contratación para cubrir O Carballal e A Tarela (Camos e Nigrán, respectivamente). Con este último propósito o goberno local levará ao pleno ordinario do luns 5 de abril destinar 205.000 € do Remanente de Tesourería a materializar o proxecto, cuxo expediente está xa listo para ser licitado.

    “Con estas obras que estamos emprendendo, as que ímos contratar con cargo ao Remanente e ás axudas ás comunidade de augas, cubrimos practicamente todo Camos, unha parroquia que ata 2017 non tiña servizo público algún, como Parada, que xa está completada”, incide o alcalde, Juan González quen subliña que o Concello colaborou neste ano con 55.000 € para regularizar a situación das comunidades de augas de Camos e Chandebrito que así o solicitaron e que representan a máis de 200 familias.

    Actualmente, operarios municipais están a rematar as obras de abastecemento de auga en Camos para que o servizo público chegue a  máis de 60 fogares de O Xuncido, Balinfra, Rial e A Cruz, barrio este último que nin sequera dispuña do recurso das traídas comunais. Os veciños poden xa solicitar a súa conexión  oficina da concesionaria Aqualia en Nigrán (Avda. Val Miñor, nº 2 baixo, de luns a venres de 9:00 a 13:00); ou ben solicitalo por correo electrónico a nigran@aqualia.fcc.es facilitando nome, DNI, dirección e teléfono.

    “O ano pasado reunímonos coas entidades veciñais e de augas da parroquia e optaron por priorizar o funcionamento das comunidades de augas fronte ao abastecemento público, polo que nestas ampliacións estamos actuando nas zonas onde practicamente non chegan as traídas e, polo tanto, onde os veciños dependen de pozos particulares”, explica González.

    Ampliación da rede de abastecemento

    Baixo este criterio, o Concello investirá 205.000 € do remanente de Tesourería para ampliar a rede de abastecemento de auga inicialmente a 90 vivendas de Camos e A Tarela a través da súa conexión coa tubaxe xeral na rúa dos Pazos (os puntos xa quedaran previstos cando se realizou esta primeira obra no 2017). Concretamente, beneficiaranse nun primeiro termo as vivendas situadas na contorna de Camiño da Rega, Tarela e Grilo (Nigrán) e rúa do Seixo, Carballal, Do Río, Das Viñas e Avoa Carmela (Camos) sumando máis de 2.782 km, a maiores esta obra permitirá dar servizo a posteriori a zonas máis amplas ao instalarse unha tubaxe a tal efecto. As obras, que deberán estar rematadas antes do 31 de decembro de 2020, inclúen apertura de gabias, colocación da tubaxe, execución de arquetas e instalación de válvulas, recheo e reposición de pavimento.

    Así, na parroquia de Camos o subministro público chegou por vez primeira no 2017 a través da rúa dos Pazos (ata o Centro Cultural) e no 2019 desde aí medrou ata a rúa San Roque, e xa neste ano e grazas, precisamente, á nova rede de abastecemento municipal na parroquia veciña de Parada, chega en Camos aos barrios de Castelo, A Lama e O Rial e ás vivendas situadas nas inmediacións da PO-332, rúa dos Pazos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.