12.8 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Concello de Nigrán logra reducir a presenza de velutina tras retirar...

    O Concello de Nigrán logra reducir a presenza de velutina tras retirar máis de 500 niños e repartir máis de 1.000 trampas

    No 2018 retiráronse 270 fronte os 175 de 2019 e os 81 deste ano (unha ducia a maiores será eliminada nestes días). Igualmente, repartíronse 1.200 trampas entre a veciñanza e se continuan entregando

    O Concello de Nigrán constata a reducción da presenza de vespa velutina na comarca tras retirar persoalmente o edil de Sanidade máis de 500 niños nos últimos tres anos e repartir gratuítamente 1.200 trampas entre a veciñanza. Así, se no ano 2018 a súa concellalía retirou 270 niños, no 2019 foron 175 e neste ano lévanse 81 (nos vindeiros días, eliminaranse unha ducia máis, sendo 93 a totalidade dos que se teñen notificado ata a data).

    “Constatamos unha reducción de niños porque levamos xa 6 anos desde o Concello enriba desta plaga. Non recibimos ningunha axuda de Xunta e, aunque eles teñen esta competencia a través do SEAGA, non podemos cruzarnos de brazos ante a súa lentitude e inacción”, explica Alfonso Vázquez, edil de Educación, quen chegou a contabilizar durante a primavera 2.000 reinas atrapadas en só 8 das súas trampas. “Cada reina é un futuro niño, pois hai q ter en conta que desde o Concello repartimos gratuítamente entre a veciñanza 1.200 trampas desde 2019 co seu correspondente líquido atraínte, iso evita miles e miles de niños”, indica o edil, quen subliña que as trampas deben colocarse a partires de marzo, “é o líquido atraínte, aínda que tamén o regalamos, pódese fabricar caseiramente con 1 litro de viño tinto, 1 litro de cervexa e 1kg de azúcar pechado nun bote hermético”.

    O Concello de Nigrán adquiríu no 2017 unha pértiga que permite bombear veleno aos niños situados ata a 25 metros de altitude, constituíndo un elemento de traballo indispensable para Alfonso Vázquez e o voluntario Jesús Barros. Cando estes niños están situados a unha altura superior ou preto dun acuífero, empréganse petardos autorizados que o destrúen por completo. “En xeral é preferible optar por petardos nesta época porque garanten mellor a  destrución total de todos os exemplares do niño”, engade. 

    A parroquia de Camos, polas súas condicións, é a que máis niños rexistra no municipio, con 17 sacados neste ano, seguida por San Pedro con 15, Panxón con 14, Nigrán con 12, Parada e Priegue con 11 respectivamente e Chandebrito con 2. “As condicións de humidade e de abrigo en Camos fan que sexa a parroquia onde sempre atopamos máis niños, a velutina busca eses lugares”, incide.

    “A tenacidade e voluntariedade de Álfonso Vázquez é a que explica que en Nigrán se estea a controlar e reducir a presenza da avispa asiática, a súa dilixencia fai que cada semana reciba directamente chamadas de veciños que avistaron algún niño ou aos que Seaga nos lles deu solución”, reflexiona Juan González, alcalde de Nigrán.  

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.