12.8 C
Pontevedra
Domingo, 26 de Marzo de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Belén de Rosa e Fernando, 24 anos de tradición do Nadal...

    O Belén de Rosa e Fernando, 24 anos de tradición do Nadal de Nigrán

    O Nadal faise notar nunha casa de Nigrán cun gran belén. De entre os moitos beléns que se poden visitar estes días na comarca do Val Miñor, chama a atención o da parroquia de San Pedro da Ramallosa, na rúa do Gobernador. Dende hai 24 anos, Rosa e Fernando abren as súas portas para que veciñanza e visitantes poidan gozar dun fermosísnimo Belén, non só polo seu tamaño senón pola cantidade de elementos que incorpora.

    Os autores deste nacemento de 45 metros cadrados, son un matrimonio nigransense que dedica algo máis dun mes e moitas horas para dar forma ao belén que leva instalando case dúas décadas no salón da súa casa.

    “É algo que nos gusta desde sempre, e a tradición vén desde hai 24 anos”. A tradición comezou coa nai de Rosa, aínda que cun belén máis pequeno, e agora segue no feliz matrimonio nigranense que cada ano faio máis grande. Rosa e Fernando montan o seu gran belén aos poucos, desde principios de novembro, e ás veces, mesmo quedan ata as dúas da madrugada. Á parte de paredes de cortiza, serrín e madeira, o Belén amosa máis dun centenar de figuras, que algunhas utilizan pequenos motores extraídos de microondas e outros aparellos eléctricos reciclaxes para obter movemento.

    O belén permanecerá montado os meses de decembro e xaneiro. Cabe destacar que recibe 300 visitas cada ano, con entrada gratuíta, e todas aquelas persoas poden visitalo no número 17 da rúa Gobernador, en Nigrán.

    “Trátase dunha tradición máis do Nadal de Nigrán e que o próximo ano cumprirá o seu 25 aniversario, unha familia que desmonta o salón da súa casa coa única ilusión de crear un espazo aberto a todo o mundo e onde gozar un pouco máis do Nadal”, explica o alcalde de Nigrán, Juan González.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS