Tag: apalpador
O Apalpador inicia mañá, da man da Deputación, a súa xira de Nadal polos concellos da provincia
Ao berro de “Traio castañas asadas para os nenos e nenas que comen san!” o Apalpador, o seu compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e o seu burro Río Lor iniciarán mañá na Illa de Arousa, Cambados e Barro a súa xira de Nadal pola provincia da man da Deputación de Pontevedra.
O Apalpador percorrerá a provincia adaptado á Covid-19 para felicitar o Nadal á rapazada
O Apalpador non faltará á súa tradicional cita coa provincia de Pontevedra este Nadal. Adaptado ás limitacións da Covid-19 volverá dende o Courel para felicitar as festas á rapazada – e tamén ás persoas adultas- con pasarrúas musicais ao longo de 23 concellos e tamén difundindo nos centros escolares vídeos gravados en 36 municipios da provincia poñendo en valor a natureza, a lingua galega e tamén a alimentación saudable.
Apalpador e Apalpadora percorren os municipios da provincia dentro do «Nadal en Galego»
Ao berro de 'Apalpa a barriga!' o Apalpador e Apalpadora iniciaron na Escola Infantil de Príncipe Felipe e no CEIP Amor Ruibal de Barro a súa xira de Nadal da man da Deputación de Pontevedra. Ambas figuras visitarán durante as festas 36 concellos da provincia ao abeiro do programa ‘Nadal en galego’ do departamento de Lingua que dirixe a nacionalista María Ortega, quen hoxe quixo acompañar ás e aos escolares de ambos centros e gozar da ilusión e maxia.