15.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoO Apalpador baixa das montañas para visitar aos nenos de Tomiño

    O Apalpador baixa das montañas para visitar aos nenos de Tomiño

    O Apalpador é un home grande que vive nas montañas de Lugo, ocupado todo o ano en facer carbón. Vestido cun traxe vello e cheo de remendos, con boina e ataviado cunha gran barba, cada ano baixa das montañas para visitar aos nenos tomiñeses. Este Nadal a cita será o vindeiro 31 de decembro a partir das 12.30 horas na Praza do Seixo.

    Así, rapazas e rapaces de Tomiño poderán coñecer ao home que durante o Nadal tócalles a barriga cando están durmidos e durmidas para ver se están fartos ou teñen fame e deixarlles unha presa de castañas e algún agasallo máis agochado en calquera lugar da casa.

    Tras o paso do Apalpador, a Praza do Seixo continuará sendo o escenario das actividades de Nadal para os máis cativos e cativas da casa. Os vindeiros 3 e 4 de xaneiro haberá inchables para público infantil e totalmente de balde de 16.00 a 20.00 horas.

    O Concello anima a toda a veciñanza a acompañar ao Apalpador na súa estancia en Tomiño, ao tempo que destaca a importancia de pór en valor as tradicións entre a infancia. Convida tamén a todas as familias a achegarse con nenos e nenas e desfrutar de tardes de lecer cos inchables no centro da vila.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.