15.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA Guarda'De monumento a monumento', andaina entre o mosteiro de Oia e o...

    ‘De monumento a monumento’, andaina entre o mosteiro de Oia e o castro de Santa Trega

    Ambos monumentos están vinculados dende que no Real Decreto de Xuño de 1931 formaran parte dos 789 elementos patrimoniáis españois que foron declarados monumentos histórico-artísticos pertencentes ao Patrimonio Nacional.

    Baixo o nome ‘de Monumento a Monumento’, o próximo 5 de xuño, celebrarase unha andaina que, saíndo as 10 da mañá do Mosteiro de Oia, percorrerá os 12,5 Kms pola costa que o separan do Montiño, na Guarda. O obxectivo desta conmemoración é o mesmo que, na súa orixe, motivou as persoas que loitaron pola proclamación destes monumentos como parte do Patrimonio Nacional hai 90 anos: poñer en valor estes tesouros nacionais.

    Por ese motivo, o Mosteiro de Oia tomou a iniciativa de conmemorar tal acontecemento organizando a andaina coa colaboración dos concellos de Oia e A Guarda, e contando ademais co patrocinio de Frutas Neves. As inscrición poderán facerse no Concello de Oia, o Centro Cultural da Guarda ou no email info@mosteirodeoia.com ata esgotar as prazas.

    Os participantes poderán desfrutar dunha ruta chea de encanto pegada á agreste Costa que une estes dous puntos do Camiño. No punto de chegada haberá un autobús para levar as persoas participantes novamente ao punto de partida se así o desexan.

    Santa Trega

    Descuberto en 1913, o enorme poboado castrexo que compón o Castro de Santa Tegra supuxo unha das primeiras campañas turísticas lanzadas en España, chegando a ser o segundo lugar máis visitado en Galicia trala Catedral de Santiago. O indiano portorriqueño Manuel Lomba Peña é a quen se lle debe en maior medida dito logro.

    Mosteiro de Oia

    O Mosteiro de Oia que data do século XII, é o único da Orde do Císter pegado ao Océano Atlántico. Dirixido polos benedictinos que foron monxes artilleiros e cultivaron as vides e as terras durante sete séculos, pasou, trala desamortización a mans privadas pertencendo ata 1945 á familia do segundo propietario, outro indiano portorriqueño veciño de A Guarda, Joaquín Alonso Martínez.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.