17.6 C
Pontevedra
Domingo, 13 de Outubro de 2024
Máis
    HomeA ParadantaArboArbo organiza unha andaina popular co gallo da Festa da Lamprea

    Arbo organiza unha andaina popular co gallo da Festa da Lamprea

    O vindeiro sábado 12 de agosto, entre os actos que o Concello de Arbo organiza co gallo da Festa da Lamprea Seca, está prevista a V Andaina Popular da Lamprea Seca. A actividade arrancará ás 10:30 horas dende o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Museo Arabo” con un percorrido de 8 km e unha dificultade media-baixa e rematará na Carballeira de Turbela.

    Os interesados en participar deberán realizar as inscricións no correo electrónico  arabomuseo@gmail.com ou no teléfono 639829445 ata o 9 de agosto, haberá  sorteos e agasallos entre os participantes. 

    As persoas  que acudan a este  roteiro poden participar noutras actividades lúdicas e culturais que terán lugar ao longo do día na Carballeira de Turbela, organizadas con motivo da Festa da Lamprea

    Na Carballeira de Turbela, un área recreativa con mesas, sillas e sombra, poderan  degustar nos postos habilitados este manxar nas súas diferentes variedades, asada, rebozada, rechea… acompañada dos mellores viños das adegas de Arbo presentes no recinto incluidas dentro da D.O. Rías Baixas, mentras desfrutan  coas actuación dos grupos de Arbo como Barca de Loimil e Mel de Meiga, concertos, charangas…

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.