12.1 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeA ParadantaArboArbo celebra a Andaina da Lamprea

    Arbo celebra a Andaina da Lamprea

    Para promocionar a LXIII Festa dá Lamprea e ir “abrindo boca”, en Arbo, durante as próximas semanas, levarán acabo unha serie de actividades dirixidas tanto aos visitantes como ás veciños. No marco destas actividades previas á gran cita, que terá lugar a fin de semana do 28, 29 e 30 de abril, Arbo acollerá a sexta edición da tradicional Andaina da Lamprea o vindeiro domingo 16 de abril.

    Arbo é un lugar ideal para practicar sendeirismo. As nosas paisaxes do Río Miño e Ría Deva son incribles, o verde asoláganos cando camiños por eses carreiros sinalizados –e outros sen sinalizar- e empapámonos de historia. Alí libráronse batallas decisivas na guerra da independencia, quedan pontes e pazos desa época que nos fan retornar ao pasado e podemos beber en fontes de auga potable que nos retrotraen ao que somos nós mesmos, a propia natureza, e a Andaina da Lamprea e o momento perfecto para coñecerlo.

    O roteiro, de dificultade media-alta, comezará na Praza do Concello ás 9:30 horas e conta con, aproximadamente, 12 quilómetros de percorrido. Trátase dunha actividade que nos levará pola contorna natural do municipio, na que os camiñantes poderán relaxarse e evadirse contemplando “paisaxes espectaculares”, segundo explican desde a organización. Ademais, o Concello agasallará a todos e todas as participantes cunha degustación de lamprea e viño das adegas do concello de Arbo.

    Os interesados en participar deberán inscribirse previamente, antes do 13 de abril, nas oficinas municipais ou a través do correo electrónico arabomuseo@gmail.com o ou a través da sede electrónica. Será necesario abonar a cantidade de oito euros na conta municipal ES44 2080 5011 8530 40005379 e presentar a copia de pago no momento da inscrición.

    Para máis información https://festadalamprea.gal/.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS