15 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis

    Tag: alumeado nadal

    Salceda recibe o Nadal vestida de luces

    "A COVID19 non nos fará perder a ilusión" con ese lema, toda unha declaración de intencións, Salceda de Caselas acendeu hoxe o seu alumeado de Nadal. Optou o Goberno local por un acendido virtual que se retransmitiu en directo a través das redes sociais do Concello. Unha a unha as rúas, prazas e edificios de Salceda foron enchéndose de cor e luz para dar a benvida ao Nadal.

    Tui inicia hoxe a campaña “O Camiño do Nadal” co acendido do alumeado ás 18 h

    Hoxe venres, 4 de decembro, ás 18 h terá lugar o acendido da iluminación de Nadal en Tui. Co lema “O Camiño do Nadal” o Concello de Tui continua a campaña iniciada en 2019 na que a posta en valor dos elementos locais, a reutilización de elementos e a reciclaxe marcan a decoración destas festas.

    Redondela acenderá o alumeado de Nadal mañá venres coincidindo co ‘black friday’ do comercio local

    As rúas e prazas de Redondela encheranse mañá, ás 18 horas, de luz e cor co acendido do alumeado de Nadal que o Goberno municipal quixo facer coincidir co 'black friday' do comercio local como medio para dinamizar as rúas e contribuír á recuperación deste sector “fundamental para a recuperación económica do municipio”, sinalaron a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e a concelleira de Comercio, María Castro.

    Ponteareas instala a iluminación de Nadal para contribuír á actividade comercial na vila

    As rúas do centro urbano e as parroquias de Ponteareas acollen nestes días a instalación da iluminación de Nadal. Un cento de arcos e outros tantos elementos de iluminación empregados na montaxe, adobiarán as rúas de Ponteareas no vindeiro mes de decembro. Todos os motivos son fabricados con estrutura de aluminio e díodos LED.

    As Neves mantén a colocación do alumeado de Nadal apostando polo aforro enerxético

    O Concello das Neves decidiu manter a colocación do alumeado especial de Nadal, como medida para facer máis acolledoras as rúas e contribuír a mitigar efecto negativo que está tendo a situación sanitaria actual.

    O PP da Cañiza denuncia que o goberno local contratou as luces de Nadal de 2019 a unha empresa que acometeu a obra de forma supostamente ilegal

    O Partido Popular denuncia que a empresa que instalou o ano pasado as luces de Nadal na Cañiza, Ximénez, foi sancionada pola Consellería de Industria por non contar co Certificado de Instalación correspondente, xa que se trataba de unha instalación ilegal.

    A Guarda ilumínase para iniciar a programación do Nadal

    O xoves día 5 de decembro a Praza do Reló acolleu as primeiras actividades programadas para o arranque da programación do Nadal 2019/20 na vila da Guarda co acendido do alumeado de Nadal. Nesta primeira xornada festiva tiña lugar, ás 18:00 h, a actuación de Mere-Clown co espectáculo 'Aparvaolimpiadas', congregando a un bo número de persoas entorno á Praza do Reló.

    Máis de 200 elementos lumínicos alumearán o Nadal de Ponteareas

    Este domingo día 1 de decembro, a partir das 17:30 horas, Ponteareas acenderá o alumeado de Nadal nun a acto festivo que arranca coa animación de rúa que ofrecerá o espectáculo 'A luz do camiño' ao pé da gran bola lumínica de 17 metros de diámetro. Antes, na carpa da Praza Maior, a partir das 16:30 horas, veciñanza e visitantes poderán facer as súas compras no mercadiño solidario e arredor das 18:30 horas será o momento de facer brillar o centro urbano.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.