Tag: aceba
Baiona presentou hoxe a campaña de promoción do comercio local no Nadal que repartirá máis de 10.000 euros en premios
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, acompañado por representantes da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA) presentou este venres a campaña de promoción do comercio local que se desenvolverá dende hoxe e ata o día 10 de xaneiro baixo o lema 'Este Nadal, non te distancies do Comercio Local de Baiona'. A iniciativa repartirá 10.000 euros en premios entre os veciños e veciñas que mequen entre os preto do centenar de establecementos adheridos á campaña.
Baiona suspende a quinta edición de ‘Sons do Casco’ trala entrada en vigor das novas restricións sanitarias impostas pola Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia vén de publicar a Orde do 14 de Outubro de 2020 pola que se establece unha medida de prevención específica como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta orde ten efectos desde as 00:00 horas de hoxe.
Carlos Gómez cualifica de “irresponsables” as declaracións realizadas polo presidente de ACEBA
As manifestacións realizadas onte polo presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), nas que, entre outras cousas, acusaba ao alcalde de Baiona, Carlos Gómez, de "desaparecer na toma de decisións" e ao Goberno local de "estar desaparecido na toma de decisións", foi hoxe contestado polo rexedor baiones que cualificou esas afirmacións de "irresponsables" e "desleais" ademáis de manter un discurso "claramente político representando a unha forza política que non conseguiu presenza no Pleno do noso Concello, ou tal vez si".
Baiona ultima os preparativos do ‘BaideTapas 2019’
Hai oito anos, o Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios (Aceba), poñían en marcha a ruta de tapas 'BaideTapas, unha iniciativa que tiña case un triple obxectivo, dinamizar a hostalería, amosar o extraordinario nivel ao que se atopa a gastronomía de Baiona e utilizar esta...
Baiona abre a inscrición para a oitava edición do ‘Bai de Tapas’
Os establecementos de Baiona que desexen participar nesta nova edición poderán realizar a inscrición ata o vindeiro luns, 8 de abril, nas oficinas da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA). O Concurso, organizado pola Concellería de Turismo de Baiona en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de...