10 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis

    Tag: a carrasca

    Nigrán colabora co Centro Cultural ‘Bolos da Carrasca’ na súa semana cultural

    O Concello de Nigrán colabora co Centro Cultural e Deportivo 'Bolos da Carrasca' para organizar a súa 'XXVII Semana Cultural' que arranca mañá martes e que ten o seu día grande o venres 12 de agosto coa festa dos ovos con chourizo.

    Nigrán informa aos veciños da Carrasca que poden solicitar a conexión ao saneamento

    O Concello de Nigrán informa que a veciñanza do barrio de A Carrasca (Parada) pode solicitar xa a conexión á nova rede de saneamento e abastecemento.

    Comezan as obras de ampliación da rede de saneamento e abastecemento da Carrasca

    O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras de ampliación da rede de saneamento e abastecemento da Carrasca (Parada) por un importe de 138.344,47€ e que se financia a través do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, estando previsto que rematen antes do Nadal.

    Nigrán ofrece este xoves ‘Días Felices’, na Carrasca

    O Concello de Nigrán, en colaboración co 'C.C.D. Bolos da Carrasca', ofrece este xoves 5 de agosto ás 20:00 horas na Praza da Carrasca a obra 'Días Felices' da compañía local 'Teatro do Ar'.

    Nigrán remata a humanización da praza da Carrasca

    O Concello de Nigrán vén de rematar as obras de humanización da Praza da Carrasca, na parroquia de Parada, tras un atraso como consecuencia do parón polas medidas de prevención adoptadas ante a expansión do Covid-19. Estes traballos, adxudicados a Audeca por 73.595 € con cargo ao Plan Concellos 2018, estarán rematados tras o asfaltado que se realizará mañá despois de fresar toda a superficie.

    Nigrán retoma as obras públicas coas humanizacións da rúa Vista ao Mar e da Carrasca

    O Concello de Nigrán retoma a actividade nas obras adxudicadas despois de dúas semanas de interrupción por mor do estado de alarma decretado co Covid-19. Así, hoxe finalizaron as obras de pavimentación e humanización na rúa Rúa Vista ao Mar (Lourido) adxudicadas a empresa NAROM S.L por un importe de 42.896,61 € e cunha partida provinte dos proxectos incluídos polo goberno de Nigrán no Plan Concellos 2019.

    Nigrán inicia a humanización da Praza da Carrasca en Parada

    O Concello de Nigrán iniciou esta mañá as obras de humanización da Praza da Carrasca –na parroquia de Parada– co obxectivo de mellorala estéticamente reordenando o tráfico neste núcleo e dotándoa dun pavimento de pedra máis acorde coa contorna, xa que actualmente é de asfalto a pesar de considerarse zona verde.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.