12.8 C
Pontevedra
Domingo, 26 de Marzo de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaA Xunta impulsa a comercialización de Artesanía de Galicia a través dun...

    A Xunta impulsa a comercialización de Artesanía de Galicia a través dun catálogo de Nadal

    A Fundación Artesanía de Galicia recolle nunha publicación online as propostas de 111 obradoiros da marca para fomentar as compras durante estas datas

    A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación impulsa a comercialización das pezas da marca Artesanía de Galicia durante este Nadal, a través dun catálogo de produtos elaborados por 111 obradoiros artesáns galegos e no que se inclúe información sobre os seus puntos de venda. A publicación, de carácter online, está dispoñible a través da web da Fundación Pública Artesanía de Galicia artesaniadegalicia.xunta.gal tanto para consulta como para descarga.

    Co lema Artesanía de Galicia. Talento para regalar, a Xunta anima a confiar na artesanía de proximidade, na economía circular, no talento artesán galego, no feito en Galicia e na calidade. Entre os oficios que están representados atópanse a cerámica e a olería, o traballo co coiro, o téxtil, a elaboración de redes, os arranxos florais, o calzado, o cartón pedra, a elaboración de zocos, a serigrafía, a encadernación, os instrumentos musicais, as figuras tradicionais de miga de pan, a cestería, a madeira, a elaboración de lámpadas, os xoguetes, a xoiería, a bixutería, o vidro, os complementos elaborados con cunchas e o traballo coa pedra.

    Na provincia de Pontevedra traballan os talleres Adanegra (A Guarda), AI Joyas de Autor (Vigo), Amorei (Soutomarior), Ana Castro (Silleda), Ana Méndez Cerámica (Pazos de Borbén), Apamp (Vigo), Areladefe (Oia), Artesanía Silvent (Caldas de Reis), Atalanta Madera (A Estrada), Bisutetoka (Vigo), Cabuxa (Tui), Cavalinho do Demo (Fornelos de Montes), Centro de Recuperación da Cultura Popular (Ponteareas), CerámicaQ (Gondomar), Coas mans artesanía (Silleda), CoIRaxe (Vigo), Coiro enxebre (Gondomar), Como Pez en el agua (Vigo),  Cuaderna Maestra (Pontecaldelas), Druida (A Estrada), Elena Ferro (Vila de Cruces), Fernando Porto (A Estrada), Gaitas Gil (Ponteareas), Joyas de papel (Nigrán), Joyería Covelo (O Porriño), Hiel de Buey (Vigo), Hollymara (Redondela), Las Flores de Greta (Gondomar), Leónlagata (Sanxenxo), LiaB (Sanxenxo), Mario López (Vigo), Mario Coiro (A Estrada), Mar Barral (Catoira), Marta Armada (Vigo), Misoco (Vigo), Montse Betanzos (O Grove), Muchachicha (Cerdedo-Cotobade), Ojea Studio (Vigo), Paseloqpase (Ribadumia),  Pilar Rodal (Vigo) e Zimzelatum (Gondomar) No tocante á provincia de Ourense, os obradoiros artesáns que participan neste catálogo son Aixiña (Ourense), Barreiros Artesanía (Nogueira de Ramuín), Eva María Muñoz Pablos (Barbadás), Inés Rir&Co (Allariz), La Aguada (Ribadavia), Lumecú (Vilar de Santos), Moura (Maceda), O Covil de Chus (Ourense) e Xabier Artesanal (O Pereiro de Aguiar).

    Os obradoiros que están a participar nesta iniciativa de fomento da comercialización do produto artesán galego da provincia da Coruña son Adria Florería (Brión), Almanac Studio (Cambre), Amorote (Ames), Ardentia (Bergondo), Arobe cerámica (A Coruña), Belategui Regueiro (Cambre), Boina Galega (Santiago de Compostela), Brigantia Orfebres (Santiago de Compostela), Bulideira (Santiago de Compostela), Carla Alfaia (A Coruña), Charamusca (Carnota), Conloquetengo (As Pontes), Fernando Gallego (Serra de Outes), Joyas Siliva (A Coruña), Kinga Haudek (Santiago de Compostela), Latonta y Larubia (Santiago de Compostela), Laura Delgado (Cambre), Laura Triñanes (Santiago de Compostela), Milena Colella (Santiago de Compostela), Noroeste Obradoiro (Santiago de Compostela), Degerónimo (Santiago de Compostela), Deica Creacións (Santiago de Compostela), D-Raíz (A Coruña), El Arce Imaginario (A Coruña), Esther Ferreiro (Santa Comba), Floriforma (Teo), FranFret (A Coruña), Ilex Talla (Santiago de Compostela), Ío Obradoiro Téxtil (Santiago de Compostela), Jatafarta (Santiago de Compostela), Jorge Bellón (Cedeira), Lorenzo Design (Santiago de Compostela), Maranxo (Muxía), Nacho Porto (Carnota), Oitenta (A Coruña), Olería Aparicio (Malpica de Bergantiños), Pablo Carpintero (Santiago de Compostela), Pedras Artesanía e Patrimonio (Rianxo), Redeiras Illa da Estrela (Ponteceso), Rosa Higuero (Cabanas), Silvereira (Ames), Tejeluz (Boiro), Unzueta Cerámica (Brión), Vacatola (Ferrol), Wooding (Boiro) e Xiana Cobo (Santiago de Compostela).

    Os representantes da provincia de Lugo neste catálogo de pezas de Artesanía de Galicia son Aldea Artesán de A Fraga (Xermade), Calzados Losal (Monforte de Lemos), Crisol (Viveiro), Enxógate (Quiroga), Fusaiola (Vilalba), Idoia Cuesta (Outeiro de Rei), La Bellota Mágica (Lugo), Milbrumas (Lugo), Pilar Cupeiro (Cospeito), Santiago Besteiro (Monterroso), Regal Cerámica (Viveiro), Taller Patapúm (Quiroga), Teresa Lamela (Monforte de Lemos), Tres Caracoles (Lugo).

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS