Tag: artesanía
Unha ducia de profesionais participarán na Feira de Artesanía de Nadal de Redondela
Un total de doce postos participarán, entre os días 17 e 19 de decembro, na Feira de Artesanía de Nadal de Redondela que quedará instalada na rúa Ribeira, na contorna da Alameda Castelao.
Aberta a inscrición para participar na Feira de Artesanía de Nadal no Concello de Redondela
O Concello de Redondela vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para participar na tradicional Feira de Artesanía do Nadal, que se desenvolverá na contorna da Alameda Castelao (rúa Ribeira) os días 17, 18 e 19 de decembro.
Mondariz promove a artesanía local a través dun novo mercado artesán de Nadal
O Concello de Mondariz, comprometido co desenvolvemento económico e turístico do territorio, promove este ano un mercado artesán de Nadal con acreditados artesáns e artesás locais e da contorna máis próxima.
Exposição do Concurso Novos Artistas 2021 abre este sábado
O Concurso Novos Artistas “tem como propósito dar oportunidade a novos criadores através da promoção e difusão da produção artística contemporânea, da experimentação criativa e da atividade expositiva como meio de reflexão sobre a arte e a cultura visual”, explica o diretor artístico, Cabral Pinto.
O documental sobre a tradición cesteira de Mondariz comeza a súa xira en Verín
O documental, enmarcado nun proxecto de recuperación do oficio tradicional de cesteiro en Mondariz, está producido pola compañía EscénaTe e conta con recoñecidos cineastas galegos no seu equipo artístico, como o director Fon Cortizo e o guionista Alexandre Cancelo.
Documentada a memoria da cestería tradicional de Mondariz
Durante xeracións e xeracións, Mondariz atesourou unha tradición cesteira propia moi apreciada en Galicia e mesmo en Portugal que se caracterizaba polo uso de láminas de madeira, en vez de vimes, e polo refinamento da confección artesanal.
Hoxe tivo lugar a presentación da Festa dos Oficios Artesáns de Mondariz
A Festa dos Oficios Artesáns de Mondariz chega reivindicando a economía sostible e o patrimonio como ferramenta de futuro.
A Xunta impulsa a comercialización de Artesanía de Galicia a través dun catálogo de Nadal
A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación impulsa a comercialización das pezas da marca Artesanía de Galicia durante este Nadal, a través dun catálogo de produtos elaborados por 111 obradoiros artesáns galegos e no que se inclúe información sobre os seus puntos de venda.
O Concello de Nigrán e Revolto Artesán Galego, ofrecen un mercado de coleccionismo e antigüidades este fin de semana na Ramallosa
O Concello de Nigrán e a asociación Revolto Artesán Galego ofrecen esta fin de semana durante todo o día un mercado de coleccionismo e antigüidades na Alameda de A Ramallosa cumprindo co protocolo covid-19 e coa animación de DJ Gramola de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A maiores, os nenos entre 6 e 10 anos poderán anotarse a obradoiros de manualidades de 17:00 a 18:00 horas inscribíndose antes no mail revueltoartesanal@gmail.com.
A Guarda convida a artesáns e asociacións sen ánimo de lucro da comarca a participar nun mercado
A Concellería de Desenvolvemento Local do Concello da Guarda vén de anunciar a celebración, durante a última fin de semana de agosto e a primeira de setembro, dun mercadiño co que se pretende apoiar ao sector da artesanía, especialmente golpeado durante este verán pola crise sanitaria. Ao mesmo tempo, a iniciativa pretende favorecer ás entidades de acción social que tanta axuda levan prestado durante a pandemia.