10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación enche a provincia de lecer esta fin de semana

    A Deputación enche a provincia de lecer esta fin de semana

    A Deputación de Pontevedra mantén a súa firme aposta pola cultura e o deporte cunha interesante oferta de lecer na que leva actividades a cinco concellos da provincia. Serán Vigo, Silleda, Soutomaior, Poio e A Guarda os que acollerán, ata o domingo, programas provinciais como “Musigal”, “Tornar as Táboas”, “Visitas Caracterizadas”, “DepoRutas BTT” e unha nova cita dos “Rías Baixas Film Fest”, a protagonista indiscutible da fin de semana.

    O Festival de Cine Inclusivo está a facer de Vigo o punto de encontro dos amantes da sétima arte. Incluído na marca da Deputación, baixo a que se agrupan os eventos máis destacados do audiovisual, o certame dá a coñecer, apoia e valora os proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal do cine. Dedica a súa sexta edición á saúde mental, e conta na súa programación con actividades paralelas ás proxeccións que crean conciencia sobre a inclusión no seu aspecto máis amplo. Os “Rías Baixas Film Fest” completarán o seu cartel co festival “Novos Cinemas”, que terá lugar  do 14 ao 19 de decembro. Polo demais a fin de semana encherá de música o concello de Silleda coa programación de “Musigal”. Será o domingo 17, ás 19.30, co concerto de Odaiko.  A Deputación tamén reafirma o seu interese de achegar as artes escénicas aos concellos con outras dúas sesións de “Tornar as táboas”. O venres 15, ás 20.30, ButacaZero ofrecerá o seu espectáculo “Velliñas” en Poio e, o domingo 17, ás 21.00, será a quenda de A Tropa de Trapo, que interpretará “Catro monos” en Soutomaior. Finalmente, no eido do deporte, terá lugar o domingo a última das “DepoRutas BTT”, o programa provincial que fomenta os hábitos saudables a través da practica da actividade física e o contacto coa natureza. Será a quenda da Ruta da Costa do Atlántico, na Guarda, e como as anteriores, tratarase dunha ruta neutralizada e sinalizada na que os/as participantes deberán seguir o itinerario e ritmo marcados pola organización.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.