11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación aproba unha segunda convocaroria das bolsas para deportistas “Depo_Dan” e...

    A Deputación aproba unha segunda convocaroria das bolsas para deportistas “Depo_Dan” e “Depo_Promesa”

    A contía das bolsas é de 51.000 euros e poderán solicitalas as e os deportistas de alto nivel e promesa que non puideron solicitala na primeira quenda

    A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra deu luz verde á segunda convocatoria das bolsas “Depo_Dan” e “Depo_Promesa”, dotada de 51.000 euros, á que poden optar as e os deportistas de alto nivel e promesa destas marcas provinciais que non accederon a unha das bolsas no 2021 ao non poder solicitala por diferentes circunstancias como encontrarse nos Xogos de Tokio o estar en grupos burbulla.

    As bases desta nova convocatoria son iguais que as da primeira: outorgaranse por concorrencia competitiva e posibilitarán a participación das e dos deportistas en competicións internacionais e nacionais. Estarán destinadas a unha ampla variedade de disciplinas que van dende o piragüismo, salvamento e socorrismo ou karate ata deportes como esgrima, montañismo, natación, xadrez ou kickboxing, o que pon de manifesto a importancia do deporte na provincia de Pontevedra.

    Na primeira quenda destas achegas a institución provincial repartiu 199.000 euros a 181 deportistas da provincia, das que 75 (o 41,4%) son mulleres; un dato que indica o impulso que está tendo o deporte feminino. De todas e todos eles 137 pertencen á categoría “Depo_Dan” (entre as que hai 58 mulleres) e as e os 44 restantes á marca “Depo_Promesa” (con 17 mulleres entre as e os deportistas que acadaron unha destas bolsas).

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.