18.5 C
Pontevedra
Xoves, 20 de Xuño de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación amplía o prazo das obras do Plan ReacPon

    A Deputación amplía o prazo das obras do Plan ReacPon

    Máximas facilidades da Deputación co obxectivo de que tódalas obras do plan ReacPon (Reacciona Pontevedra) para financiar grandes equipamentos e dotacións municipais cheguen a bo porto. O Pleno provincial aprobou unha ampliación de 8 meses nun prazo de execución que  estaba fixado nas bases no próximo 30 de abril e que agora estírase ata ao 31 de decembro. Aténdese así as peticións formuladas por algúns concellos co obxectivo, como remarcou o deputado de Cooperación, Santos Héctor, de que “non se perda un só euro en ningún concello”.

    O Plan ReacPon está a mobilizar un total de 40 millóns de euros en proxectos transformadores por toda a provincia e que se están a traducir en infraestruturas deportivas, bibliotecas, aulas de música, espazos sociais, reformas de Casas consistoriais e mesmo a construción dun cemiterio ecolóxico no espazo entre unha fraga e o actual camposanto. Dos 47 proxectos aprobados pola Deputación, 45 xa están licitados ou a piques de licitarse e dúas das obras xa foron inauguradas. En concreto, O Rosal inaugurou a nova praza do Calvario e Gondomar a nova praza de Rosalía de Castro, creando así novas centralidades nos seus centros urbanos.

    “Outras Administracións non teñen esta sensibilidade”

    O Pleno da Deputación, por unanimidade, apoiou a ampliación do prazo de execución ata o remate deste ano “para dar solucións ás dificultades administrativas, ao incremento xeralizado dos prezos pola falta de materiais e as inclemencias meteorolóxicas que ralentizaron varias das actuacións nestes últimos meses”. O deputado Santos Héctor destacou que “amosamos así a nosa sensibilidade diante dos concellos da provincia, dado que a casuística de dificultades non é responsabilidade dos concellos, senón de circunstancias sobrevidas”. Engadiu que, en todo caso, cómpre sinalar que outras Administracións non teñen esta sensibilidade cos concellos, “de feito, é bastante habitual que se obrigue aos concellos a devolver subvencións das obras que non se rematan no prazo previsto nas bases”. “Nós, por suposto, cremos que hai que cumprir cos prazos, pero tamén ter en conta as circunstancias imprevisibles que obrigan a modificalos”.

    Por outra parte, a Deputación amosa a súa satisfacción polo feito de que catro concellos, A Cañiza, A Guarda, Meis e Moaña teñan logrado case 2 millóns de euros en subvencións europeas para completar estes proxectos con cargo ao programa europeo de edificios públicos PIREP. De acordo co previsto nas bases reaxustáronse as cantidades achegadas pola Deputación e os concellos aos respectivos proxectos. Gracias a isto a Deputación “recuperará” 1,2 millóns de euros e os concellos verán como máis de 700.000 euros retornan ás arcas municipais.

    A consecución destes fondos europeos ten que ver co deseño das bases do plan ReacPon, que incentivaban,  xa en maio de 2022, a presentación de “proxectos maduros”, de alta calidade técnica, e cunha aposta decidida pola sostibilidade medioambiental avaliada con criterios como a redución da pegada de carbono, anticipándose así ás posteriores convocatorias europeas. Con estes proxectos na man, os concellos puideron concorrer logo ás convocatorias europeas, de xeito que estes concellos van ver reducidas as achegas que lle correspondían nas obras.

    A provincia de Pontevedra foi a terceira de España, na convocatoria do programa PIREP gracias ao impulso da Deputación, dado que dos 12,1 millóns de euros que viñeron para a provincia de Pontevedra, un total de 6 millóns correspondéronse con proxectos presentados dende a Administración provincial.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.