23.5 C
Pontevedra
Mércores, 27 de Setembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránVolve o programa 'Música nas Parroquias' con motivo das festas de San...

    Volve o programa ‘Música nas Parroquias’ con motivo das festas de San Pedro o 29 de xuño

    O Concello de Nigrán colabora coa celebración das festas  de San Pedro, do 29 de xuño ao 1 de xullo, achegando 4.000 € a través da iniciativa ‘Música nas Parroquias’. Este programa municipal finánciase a través da liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e conta cun orzamento total de 40.000 € que se distribúen entre todas as festas patronais de Nigrán, ben para contratar bandas de música ou orquestras.

    A festa de San Pedro arranca no torreiro que leva o seu nome o propio 29 de xuño (festivo local) con pasarrúas e concerto ao mediodía (tras a Misa Solemne das 12:30) da Unión Musical do Val Miñor e verbena a partir das 23:00 coa orquestra Compostela. O venres a partir das 18:00 será a actuación do clown nigranés Peter Punk e a partir das 22:00 tocará Alianza e o grupo La Conexión. Pechan as festas D`Cache e Milenium o sábado 1 de xullo a partir das 22:00 horas.

    “Volvemos a colaborar coas entidades festeiras e veciñais para garantir a pervivencia das festas tradicionais de Nigrán porque son os verdadeiros días de celebración conxunta da veciñanza e de ledicia en cada parroquia”, resume o alcalde, Juan González.

    O programa municipal ‘Música nas Parroquias’ colaborou xa coas festas do Santísimo Cristo da Victoria en Chandebrito e San Xoan de Panxón, agora será San Pedro da Ramallosa e posteriormente Santiago de Parada, Carme de Lourido, San Fiz de Nigrán (organizado integramente polo Concello), Virxe das Angustias, San Roque de Camos e, finalmente, Bo Xesús de Priegue.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS