9.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Concello de Nigrán pide fotos antigas á veciñanza para crear un...

    O Concello de Nigrán pide fotos antigas á veciñanza para crear un arquivo histórico audiovisual

    Ultima xa a creación dunha web na que se pendurarán todas aquelas imaxes antigas facilitadas pola cidadanía con interese etnográfico ou paisaxístico e que contribúan a comprender a evolución histórica do municipio

    O Concello de Nigrán ultima a posta en marcha dun arquivo histórico municipal online coa creación dunha web onde se recompilarán imaxes ou vídeos de interese etnográfico ou paisaxístico para o municipio facilitadas pola propia veciñanza. Paralelamente, o Concello está a dixitalizar as cintas de vídeo da antiga televisión local co obxectivo de que todo se poida consultar tamén nun posto específico para audiovisuais da nova Biblioteca.

    Por este motivo, e para iniciar a posta en marcha da web, desde o Concello de Nigrán fan un chamamento á cidadanía para que rebusque no seu arquivo familiar prestando especial atención a fotos ou vídeos anteriores a 1970 que retraten oficios tradicionais, antigas escolas, festas veciñais, paisaxes xa desaparecidos… Calquera documento que contribúa a fixar a Historia recente de Nigrán e a explicar o seu desenvolvemento económico, cultural e social. As vías para facilitalas son: a través do mail comunicacion@nigran.org ou por privado no Facebook Concello De Nigrán (en ambos casos con calidade suficiente) ou ben directamente no Concello (Oficina de Información Cidadá) onde serán escaneadas e entregadas de volta ao momento. No caso de posuír un arquivo numeroso, desde o Concello ofrécese a posibilidade de recollelas a domicilio co compromiso de devolvelas nun prazo de 48 horas. Xunto a foto debe ir toda a información que se posúa dela (ano, nomes, lugar, etc). Igualmente, a páxina web está a deseñarse de tal xeito que calquera usuario poderá comentar unha imaxe co obxectivo de enriquecer datos para a súa catalogación.

    “A raíz do éxito da exposición ‘Mulleres de Nigrán -1970’ na que recompilamos imaxes con mulleres como protagonistas consideramos que sería interesante crear un arquivo online con todo tipo de fotos ou vídeos que axuden a visibilizar a Historia máis recente do municipio”, sinala o alcalde, Juan González, quen destaca a conveniencia de que sexa un arquivo online “para que de verdade resulte facilmente accesible a todas as persoas e para que, precisamente, as familias conserven os seus orixinales e se animen a participar”. O Concello recurrirá tamén a arquivos privados e públicos para engrosar a escolma e pendurará as 150 fotos da mencionada exposición de mulleres.

    “Sabemos que nos fallados e maletas de cada casa hai fotos que son auténticos tesouros que se están a perder e aos que non se lles dá importancia, e este arquivo nace precisamente para eso, para que non se queden alí esquecidas, para que todos podamos compartir, fixar e aprender desas marabillosas testemuña da nosa Historia recente”, explica María Villar, responsable de prensa do Concello e deste proxecto. “No 2019 a veciñanza respondeu masivamente á petición do Concello para rescatar fotos antigas de mulleres e confiamos que agora tamén será así, porque este proxecto ademais non ten unha data de fin, irá medrando con todo aquelo que vaiamos recompilando”, engade.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.