O Concello de Nigrán ofrece unha excursión a Fátima (na zona central de Portugal) a fin de semana do sábado e domingo 18 e 19 de novembro cun prezo de 120 €/persoa que inclúe aloxamento en réxime de pensión completa, transporte en autocar, entradas e guía acompañante.
O periodo de inscrición é o 7 e 8 de novembro na Oficina de Turismo de Gaifar de 8:00 a 13:00 horas, tendo prioridade a veciñanza empadroada no municipio e distribuíndose as prazas por rigorosa orde de inscrición. A viaxe inclúe a excursión ao santuario, ao Palacio Busaco, ao municipio alentaxano de Aljustrel onde se atopan as casas dos pastorinhos e visita ás grutas de ‘Mira de Aire’ (as maiores de Portugal, a 15 km de Fátima).