9.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán ofrece este domingo un monólogo

    Nigrán ofrece este domingo un monólogo

    O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial polo ‘Mes da Muller’, ofrece este domingo 12 de Marzo ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o monólogo de Arantxa Treus ‘Sexo débil… O carallo!’.

    Arantxa Treus non ten pelos na lingua. No resto do corpo si, moitísimos. Neste divertido monólogo mostrará a súa faceta máis cómica narrando algunhas vivencias, anécdotas e miserias da súa propia vida e das alleas, deixando claro como ser muller e non morrer no intento. Só apto para homes e mulleres que desexen rir a gargalladas.

    As risas estarán aseguradas grazas ao peculiar humor desta versátil artista, coñecida pola súa participación en programas de TV, series como “Serramoura”, “Fariña” ou “Gondar” e compañeira de repartición de Luís Zahera e Sergio Pazos no seu último show cómico.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.