O Concello de Nigrán establece deste esta mesma semana e mentres duren as restricións máximas a apertura do Roupeiro Municipal só mediante cita previa no 986365000 ou no mail [email protected].
Asemesmo, recolleranse achegas urxentes a través da Oficina de Información Cidadá da Casa do Concello (de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas) pese a que, preferentemente, se pide que se realicen as doazóns na propia instalación cando pasen estas medidas extraordinarias de contención da Covid-19 para evitar agora mesmo desprazamentos e contactos innecesarios (rógase non deixar bolsas na porta). O Roupeiro, situado ao carón do IES Val Miñor na rúa Paradellas, é un servizo creado no ano 2009 e único na área de Vigo polo seu carácter municipal, ofrecéndose prendas a calquera persoa independientemente do municipio onde resida e non sendo preciso ningún tipo de xustificación da necesidade.
“Trátase de extremar ao máximo os protocolos para protexer a saúde dos usuarios e das propias voluntarias que atenden o Roupeiro. As peticións de fora veranse limitadas ao haber peches perimentrais pero o servizo seguirá funcionando para todo aquel que precise roupa, desde o Concello facilitaremos a entrega”, explica o alcalde, Juan González.