14.3 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán dota de rede de saneamento a un camiño do barrio de...

    Nigrán dota de rede de saneamento a un camiño do barrio de Sanromán, en Priegue

    As obras corren a cargo de operarios municipais e supoñen a reposición do pavimento e a instalación dunha tubaxe de 50 metros para dar servizo a media ducia de vivendas

    O Concello de Nigrán rematará esta semana as obras de conexión á rede municipal de saneamento nun camiño do barrio de Sanromán (Priegue), tal e como tiñan demandado os veciños. Deste xeito, os interesados xa poden tramitar esta conexión que beneficia a media ducia de vivendas e que completaría este núcleo. A través do persoal municipal, o Concello emprendeu estas obras que inclúen a reposición do pavimento e está a realizar a conexión mediante a instalación de preto de 50 metros de tubaxe en PVC.

    “Desde o concello de Nigrán, e xa sexa con noso persoal municipal como en este caso, a través da concesionaria Aqualia ou plan concellos da Deputación ou co uso de remanente, temos como obxectivo completar o saneamento en todos os barrios e vivendas posibles porque o tratamento inadecuado das augas residuais xeneradas polas actividades humanas é unha das principais causas de contaminación das augas”, sinala Juan González, alcalde de Nigrán.

    Tal e como informou o Concello aos veciños, estes deben acudir á oficina de Aqualia na Avda.Val Miñor, 2 (de luns a venres, de 09:00 a 13:00 horas) para solicitar a conexión ao mesmo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.