19.5 C
Pontevedra
Martes, 26 de Setembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránHoxe comeza o festival Chandefolk cunha observación de perseidas

    Hoxe comeza o festival Chandefolk cunha observación de perseidas

    O Concello de Nigrán quece motores para o gran concerto do Chandefolk (luns 14 con Susana Seivane) ofrecendo este martes 8 de agosto unha observación nocturna das perseidas guiada por un experto do Centro Astronómico de Trevinca desde as 22:00 horas no ‘Bosque da Memoria’ (explanada do Castro de Chandebrito, zona libre de contaminación lumínica e con ampla bóveda celeste, polo que resulta especialmente idónea; recoméndase acudir con toalla ou esterilla para poder tumbarse). O Concello de Nigrán iniciou a actividade no 2015 sendo a día de hoxe unha das propostas de referencia no calendario de verán que permite dar a coñecer Chandebrito, parroquia do interior con gran riqueza natural, patrimonial e etnográfica. Precisamente, por este mesmo motivo, este ano incorpórase o xoves 10 de agosto ao ‘Chandefolk’ unha ruta nocturna para descubrir os espectaculares petróglifos da zona a cargo de Árbore Arqueoloxía (a andaina parte desde o Colexio Estudio ás 21:30 horas aproveitando a noite para poder aprecialos mellor, é preciso levar lantera ou móbil con ese dispositivo).

    Todas as actividades, incluído o concerto, son gratuítas e abertas á participación de veciñanza e visitantes, que tan só deben acudir ao lugar na hora indicada con roupa de abrigo e calzado axeitado. Ademais, o concerto de Seivane terá as mochilas vibratorias do Concello a disposición de toda aquela persoa xorda que as solicite a través do mail info@entresignos.com ou no WhatsApp 690679675.

    No Chandefolk colabora de xeito activo a Asociación de Veciños, Comisión de Festas e Comunidade de Montes da parroquia e, a maiores, o concerto forma parte do programa Musigal da Deputación de Pontevedra de promoción e difusión de música galega. No recinto (carballeira de Chans de Rapadouro, ao carón do campo de fútbol) disporase de barra de bebidas con chouripáns á venda.

    Susana Seivane

    Naceu en Barcelona en 1976 no seo da familia Seivane, un dos apelidos con máis prestixio e sona dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas de Galicia. Comezou a súa andaina musical s anos de idade ao 3 da man do seu pai, Álvaro Seivane. Aos 9, trasládase, xunto coa súa familia, a Cambre (A Coruña). Xa en Galicia, entra en contacto con mestres ci gaiteiros da talla de Ricardo Portela ou Moxenas que, xunto co seu propio avó , Xosé Manuel Seivane, influenciarían grandemente o seu xeito de entender e interpretar a música tradicional galega. Aos 10 anos xa daba concertos por todos os recunchos do país e durante a súa adolescencia cursou estudos de solfexo e piano e formou parte de diferentes agrupacións musicais tradicionais. Aos 20 anos toma contacto cos escenarios da man do grupo Milladoiro como artista invitada. A partir deste momento comeza a súa andaina como solista creando un estilo xenuíno que, lonxe de perder de vista o aire enxebre dos antigos gaiteiros, ábreo ás influencias doutras músicas. Consegue, deste xeito, un enfoque fresco e orixinal.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS