9 C
Pontevedra
Xoves, 29 de Febreiro de 2024
Máis
    HomeVal MiñorGondomarConcello de Gondomar e Ovalmi ultiman os preparativos para a decimo oitava...

    Concello de Gondomar e Ovalmi ultiman os preparativos para a decimo oitava edición da Feira de Oportunidades ‘Portobelo’

    A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor –OVALMI– e o Concello de Gondomar, traballan arreo para a celebración da Feira de Oportunidades do Val Miñor, ‘Portobelo’ que se celebrará o vindeiro domingo día 25 de febreiro na Praza Paradela de Gondomar e que, con esta, acada a súa décimo oitava edición.

    A Feira, de carácter multisectorial, celébrase coa finalidade de promocionar aos comercios da comarca, reforzar o contacto cos clientes habituais, xerar outros novos, así como liquidar stocks dos establecementos.

    Aquelas persoas que estean interesadas en participar nesta nova edición de Portobelo ou que precisen máis información, poden poñerse en contacto coa Asociación OVALMI no teléfono 986 366 730 ou no correo electrónico asociacion@ovalmi.com antes do 19 de febreiro.

    A ficha de inscrición pode descargarse nesta ligazón.

    LIBROS

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.

    Fran Fernández Davila, «Groenlandia»

    A Fran Fernández Davila gústalle sorprender cos seus traballos literarios, descolocar ao lector para levalo por paisaxes pouco transitadas física e emocionalmente, escapar da rutina diaria e, cunha forte carga de imaxinación, argallar historias nas que a intriga e o humor acaban por se converter en personaxes convidadas da trama.