8.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorGondomarGondomar inicia as sesións de traballo para elaborar o Plan de Acción...

    Gondomar inicia as sesións de traballo para elaborar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía do municipio

    O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, presidiu o primeiro encontro de traballo no que xunto ao concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, as técnicas deste departamento, Karina Pereira e Paula Rivera, así como outros representantes do goberno local, no que a empresa Inova Labs expuxo os pormenores e accións concretas a abordar para poder elaborar e redactar o futuro plan.

    Financiado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través dos fondos europeos FEDER, o concello de Gondomar dá os primeiros pasos para a redacción do documento final que deberá expoñer xa medidas concretas que permitan contribuír ao obxectivo europeo de redución dos gases de efecto invernadoiro nun 40% para o 2030.

    O Plan de Acción para o Clima e a Enerxía de Gondomar, ademais de esbozar as accións craves para lograr reducir o consumo enerxético en liña cos obxectivos de desenvolvemento sostible das Nacións Unidas, deberá incluír un inventario de emisións de referencia e unha avaliación de riscos e vulnerabilidades climáticos.

    “Demostramos unha vez máis que o noso compromiso coa loita contra o cambio climático e os obxectivos 2030 é firme e serio, como demostran as distintas políticas e accións que neste sentido puxemos en marcha desde o inicio da lexislatura. Queremos que Gondomar sexa un referente de sustentabilidade e consumo enerxético responsable”, concluíu o alcalde.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.