Gondomar sumouse ao Día Mundial da Saúde Mental e ao lema elixido este ano pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para sensibilizar e informar á sociedade sobre esta enfermidade: “Atención de saúde mental para todos: fagámosla realidade”, atendendo a unha demanda exposta pola sociedade, asociacións e profesionais sobre a necesidade de dotar de recursos e medios humanos necesarios para atender as persoas que padecen problemas de saúde mental.
Fíxose fincapé no feito de que os casos creceron moito tras a pandemia e en todos os tramos de idade, especialmente na mocidade. Ademais, se suliña a necesidade de prestar atención aos factores que impiden que o coidado da saúde mental poida chegar a todas persoas en igualdade de condicións.
Como en anos anteriores a casa do concello iluminouse a partir da medianoite de verde, seguindo neste caso a invitación da asociación Avelaíña de Saúde Mental, que desenvolve a súa actividade na comarca. Luz que representa ás persoas con problemas de saúde mental e que busca informar e desmitificar ideas erróneas que existen en moitas ocasións ao destas enfermidades.